XORNADAS DE DEBATE - CARA A UNHA INDUSTRIA MUSICAL GALEGA
Mércores, 28 Marzo 2007 09:54
Estas xornadas celebraranse o 10 e 11 de Abril no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela.Nun momento coma o actual, no que a industria da música está vivindo importantes cambios que afectan aos modelos de creación, produción, distribución e recepción convencionais durante as últimas décadas, semella necesario analizar conxuntamente, desde os ámbitos público e privado, cales son os retos inmediatos que vai ter que enfrontar o sector da industria musical en Galiza.
Neste sentido, tanto a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural coma o IGAEM están a levar adiante unha serie de accións de apoio ás músicas producidas en Galiza, accións coas que se desexa construír un novo escenario de colaboración e confianza co sector que permita xuntar esforzos e definir liñas estratéxicas para o desenvolvemento do mesmo.
O acceso á estas Xornadas será libre e gratuíto, dentro do límite de prazas da Sala Mozart do Auditorio (250). O acceso ás mesas de traballo, pola contra, será restrinxido até completar as 25 prazas da sala de reunión: a Sala Circular do Auditorio de Galiza. Así pois, se vostede está interesado/a en participar nalgunha das mesas de traballo propostas, pode consultar o programa e encher o formulario que se achega e facérnolo chegar a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes do 4 de abril de 2007. Non se admitirán máis de dúas persoas por empresa e a admisión farase por estrita orde de chegada do formulario.
Programa das xornadas MARTES 10
10,00 h Inauguración
Ánxela Bugallo, conselleira de cultura
Luís Bará, director xeral de creación e difusión cultural
Miguel Martín, xerente do IGAEM
11,00 h Presentación
Liñas xerais da política de promoción da música para 2007
Luís Bará, director xeral de creación e difusión cultural
12,00 h Pausa café
12,30 h Conferencia
El futuro de las músicas independientes en España, desde una perspectiva industrial
Xavier Marcé, economista e xestor cultural
14,00 h Pausa xantar
16,00 h Mesa redonda
As novas formas de distribución musical
Albert Torres, director rexional de The Orchard para España e Portugal
Fernando Luaces, director e fundador de BOA
Antonio Pérez Casas, asesor co Conselleiro de Innovación e Industria para a Sociedade da Información
Presenta e modera: Rodrigo Romaní
PRESENTACIÓNS DE PROXECTOS
17,30 h Presentación do proxecto Lonxa Cultural S.L.
Óscar Domínguez, Director Xerente
18,15 h Presentación da Rede Galega de Locais de Ensaio
Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude
19,00 h Presentación da revista Sono-tone e do programa Radio Oceánica
Noel Feáns, coordinador da revista Sono-Tone e condutor do programa Radio Oceánica na Radio Galega Música
MESAS DE TRABALLO
MARTES 10
12,30 h As novas formas de distribución musical
Albert Torres, delegado de The Orchard
Fernándo Luaces, director e fundador de BOA
16,00 h Mercados globais e mercados locais
Xavier Marcé, economista e xestor cultural
MERCORES 11
10,00 h Mesa redonda
A proxección exterior da música
Susana Vázquez, técnico da Subdirección de Internacionalización do IGAPE
Antón Martínez, xerente da axencia Endirecto GmbH
Antonio Vizcaya, responsábel do programa Canarias Crea
Olga Nogueira, técnico de proxección exterior do IGAEM
Presenta e modera: Delia Corujo
11,30 h Conferencia
Voceiro da axencia executiva do programa da UE Cultura 2007 – 2014
12,15 h Pausa café
12,30 h Mesa redonda
A visibilidade social das nosas músicas
José Miguel López, redactor de RNE e director do programa "Discópolis" de Radio 3
Suso Iglesias, director da TVG
Ángel Varela, redactor de La Voz de Galicia
Presenta e modera: Xurxo Souto
14,00 h Pausa xantar
16,00 h Mesa redonda
Modelos de programación musical
Alberto Grandío, directivo de Clubtura
Alberto García, técnico de cultura de Boiro
Fran Pérez, compositor e intérprete
Xavier Campos, coordinador de programacións do IGAEM
Presenta e modera: Belén Regueira
17,30h Mesa redonda
A propiedade intelectual na sociedade dixital
Ignacio Garrote, profesor titular de dereito civil na Universidade Autónoma de Madrid
Javier Prenafeta, avogado, asesor legal de Leggio Contenidos y Aplicaciones Informáticas, S.L.
Rafael Sánchez Aristi, profesor titular de dereito civil na Universidad Rey Juan Carlos de Madrid
Presenta e modera: Xabier Alonso
MESAS DE TRABALLO
MÉRCORES 11
13,00 h A vertebración do sector, unha ferramenta útil e necesaria
Eva Faustino, xerente de APECAT
Marian Lozano, coordinadora da UFI
Pascual Egea, vicepresidente da APM
16,00 h Apoio á visibilidade e difusión da música feita en Galiza
Suso Iglesias, director da TVG
Salvador García, xefe de programas e emisións de Radio Vigo