Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Especial VII Aniversario das Noites de Tasca en Ordes

Especial VII Aniversario das Noites de Tasca en Ordes

Festivais, Foliadas, Romarías

7noitestascaVENRES 26 DE XUÑO 2015

Un ano máis, a Asociación grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes, organizan o Aniversario das "Noites de Tasca" cunha gran festa onde a música e o baile tradicional serán os grandes protagonistas.

O encargado de empezar a festa será o popular César Freiría, CÉ Orquestra Pantasma, que a partir das 18:00h dará un concerto para todos os públicos no Campo da Feira, diante da piscina municipal.

A partir das 19:30h podedes apuntarvos aos Obradoiros de Baile Galego. Un será na Alameda, a cargo de Helena Noya Ruibal, da A.C. Camiño Real de Poulo; e o outro será diante do Museo do Traxe, a cargo de Juan Pena e Bea García, da A.F. Sementes da Arte.

Ás 19:00h, no Auditorio do Museo de Traxe: presentación de dous libros-Cd: "PAZOS DE MEREXO, o acordeón diátonico da Costa da Morte", da Central Folque, e "SIDERIO DE VILARMIDE", da Editorial Canela. Entrada gratuita. Non faltedes!

E a partir das 21:30 h... máis de 25 grupos de música e baile repartiránse polos bares de Ordes para logo xuntarse todos no Campo de Feira. Sobre as 23:30 h, comezará a gran Foliada para poñer broche final a esta "Noite de Tasca" especial.

VIDE TOCAR E BAILAR!