Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Celebración da Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos

Celebración da Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos

AGG

asamblea2015O pasado domingo 12 de abril de 2015 tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos, que este ano se celebrou no Museso do Pobo Galego, na cidade de Santiago de Compostela. O horario de celebración foi ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria.

A orde do día foi a seguinte:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Informe das actividades realizadas no ano 2014.

3. Aprobación do estado de contas do ano 2014.

4. Planificación de actividades para o 2015.

5. Elección da Xunta Directiva.

6. Rogos e preguntas.

Nesta Asamblea elixiuse nova Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos,

(Prema no título para ler a nova completa)

quedando ésta composta da seguinte maneira:

Xoan Manuel Tubío Fernández (Presidente).

Xesús Olimpio Xiráldez Río (Vicepresidente).

Erea Estévez Campos (Secretaria).

José Gil Dopazo (Tesoureiro).

Vogais:

Pablo Carpintero Arias

Gustavo Couto Rodríguez

Xaime Estévez Vila

Daniel Fernández López

Pilar González Barreras

Alberte Granja Bargados

Pedro Magariños Lores

Vitor Otero Vázquez

Juan Pena Costas

Alberto Pires Lage

Benito Queimaliños García

Xosé Tuñas Montero

Asemade, nesta Asamblea Xeral foi proposto e aprobado por unanimidade que Santiago Caneiro Aneiros fose nomeado Presidente de Honra da Asociación de Gaiteiros Galegos, pola súa entrega incondicional e incansable traballo ao fronte da AGG ao longo dos últimos 22 anos e por toda unha vida de dedicación e compromiso coa nosa música tradicional.