Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Serán do Sor 2015

Serán do Sor 2015

Festivais, Foliadas, Romarías

sern do sorUn ano máis chega o Serán do Sor 2015 ( O Barqueiro - Mañón) que este ano adican ós bailadores. Celebrarase como sempre o Xoves Santo (2 de abril), e este ano será na Praza do Mesón, arriba no pobo, frente a casa do concello e como todos os anos, haberá unha carpa.

O serán comezará ao medio día coa sesión vermú, que este ano corre a cargo da Charanga Tradicional da A. C. Son d’aquí (A Coruña) e  do grupo Böj (Ferrol).

Pola tarde, ás 5 , haberá unha clase de baile tradicional a cargo do mestre Xabier Espasandín, e finalmente terá lugar o serán a partir das 20h. Este ano contarán con grupos confirmados como os seus veciños de Gamelas e Anduriñas (Espasante), Os Enxebres (Ortigueira), Andarivel (Ladrido), San Xiao do Trebo (Cariño), No Cómbaro (As Pontes); e da parte da Mariña Lucense: Cacharela (Covas) e Medio Quinhón (Burela) e seguirán con nos Son d’aquí ( A Coruña). 

E por suposto O Son do Sor como anfitrións tamén aportarán o seu toque musical. 

Esta nova peculiaridade de partir con grupos confirmados non resta sitio para todos aqueles que se queiran achegar cos seus instrumentos para tocar, xa que rematados os grupos anteriormente citados, comeza a foliada libre para todos aqueles que queiran ir. Este ano todo aquel que así o quiera poderá cear na propia carpa, xa que haberá comida variada a bo prezo.  Non faltedes!!