Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / XI Certame de Cuadrilla e 1º Encontro arredor dos Cantares de Reis en Boimorto

XI Certame de Cuadrilla e 1º Encontro arredor dos Cantares de Reis en Boimorto

Concursos e Certames

cantares reisComo xa vén sendo habitual por estas datas dende o Concello de Boimorto estanse a organizar as actividades que un ano máis se farán en torno ós Cantares de Reis e nas que poderedes participar se o tedes a ben.

Este ano o Certame de Cuadrillas será o día 3 de xaneiro, arredor das 5 da tarde no pavillón Deportivo Municipal.

Desta vez e coa intención de que sirva de precedente convócase para o día 10 de xaneiro o I Encontro Arredor dos Cantares de Reis,

para o que contarase como mínimo coas exposicións de sete amigos dos cantares de Reis e das expresións do folclore que darán unha visión destes cantares e costume dende as diferentes culturas peninsulares.

O acto inaugural comezará ao redor das 10.30 h e de seguido as poñencias de 20 minutos de exposición, 20 de debate e 10 minutos de descanso. Pararase para xantar e recomezar pola tarde para facermos unha última sesión de posta en común con despedida e peche.

No “I Encontro Arredor dos Cantares de Reis” poderá participar todo aquel que así o queira ben coa súa presencia, ou aportando comunicados arredor do tema en cuestión. Desde a organización e sen ánimo de condicionar a ninguén e si a título orientativo suxerimos temas coma:

-- Análise musical, antropolóxico... sobre un determinado cantar de Reis de calquera zona.
-- Unha recolla da tradición nun lugar calquera do País, escrita, falada ou en vídeo.
-- Como se recuperou esta tradición nunha zona determinada.
-- Como recuperar esta tradición nunha zona determinada.
-- Calquera outra idea que se vexa que pode aportar aspectos interesantes ós participantes neste encontro.

Estes comunicados enviaranse ó Concello de Boimorto ( Vilanova nº 1 – CP.15817—Boimorto—A Coruña ) especificando para o I Encontro
Arredor dos Cantares de Reis.

Máis info

Bases

Inscripción