Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / O DÚO DE MÚSICA TRADICIONAL SETE SAIAS EDITA O SEU PRIMEIRO DISCO

O DÚO DE MÚSICA TRADICIONAL SETE SAIAS EDITA O SEU PRIMEIRO DISCO

Varios

Sete Saias ven de publicar o seu primeiro traballo discográfico de título homónimo no selo galego Pai-Music. Este dúo xurde no seo do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, concretamente na aula de arpa dirixida por Rodrigo Romaní. Marta Quintana e Clara Pino son as súas compoñentes, dúas mulleres galegas que amosan no seu traballo a orixinalidade, a beleza e o contrapunto nas arpas e nas voces.
A paixón pola música e común en ambas compoñentes de Sete Saias, algo que queda claro vendo o seu paso por diversos grupos e corais antes de ingresar no citado Conservatorio de Música Tradicional de Vigo

Máis info Colaboracións

Neste primeiro proxecto musical abarcan non só a música tradicional, que é a principal fonte de inspiración deste traballo, senón tamén a música de autor; contando con temas propios. Ademais, contan coa colaboración de grandes artistas como é o caso de Rodrigo Romaní (autor dalgún dos temas e arranxos), Xosé Manuel Budiño, Xosé Lid e Fernando Abreu nun total de trece temas producidos xunto a Segundo Grandío. Así mesmo contan tamén coa participación do pintor afincado en Vigo, Xavier Magalhães que elaborou a portada e contraportada do presente traballo, o que o fai ademais dunha obra musical unha obra pictórica.

O gran disco que veñen de publicar descubre a Sete Saias como un dos valores en alza do folk galego con unha sensibilidade moi especial.