Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / III CERTAME GALEGO DE CANTARES DE REIS

III CERTAME GALEGO DE CANTARES DE REIS

Concursos e Certames

Este Sábado, 6 de xaneiro de 2007, celébrase en Boimorto o III certame Galego de Cantares de Reis e o II Concurso de Recolla de Panxoliñas e Cantares de Reis. Será a partir das 18:00 horas.
A tradición dos cantares de Reis permanece aínda viva en moitas comarcas de Galiza e este certame ten a intención de conservala e darlle pulo e relevancia. Non vos perdades esta importante cita e disfrutade dunha noite de Reis en boa compaña e coa nosa tradición. Que teñades moitos agasallos!