Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / I Congreso de Ensinantes de música tradicional galega

I Congreso de Ensinantes de música tradicional galega

AGG


A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.


Tentando cumprir un dos seus principais fins, a normalización da cultura musical de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), ente que representa non só a gaiteiros, senón tamén a todo tipo de músicos tradicionais, bailadores e demais xente implicada no folclore musical galego, organiza o primeiro congreso de ensinantes de música e baile tradicional.

O I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela os días 18 e 19 de Novembro e vai dirixido a todo tipo de docentes, xente interesada neste tipo de ensino e, especialmente, a estudantes universitarios, para os que a asistencia contará como créditos de libre elección para Universidade de Vigo e está en trámites para a Universidade de A Coruña.



Máis información.


Para descargar o progama e boletín de inscrición faga click aquí:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/programacongreso.pdf

Para descargar só o boletín de incrición en formato word faga click aquí:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/inscricion_congreso.doc

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.


Tentando cumprir un dos seus principais fins, a normalización da cultura musical de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), ente que representa non só a gaiteiros, senón tamén a todo tipo de músicos tradicionais, bailadores e demais xente implicada no folclore musical galego, organiza o primeiro congreso de ensinantes de música e baile tradicional.

O obxectivo fundamental deste congreso é reunir ós principais actores do ensino da música e baile tradicional (profesores de educación primaria e secundaria, conservatorios e ensino non regrado) nun marco que permita a discusión das futuras liñas a seguir para que o noso patrimonio musical sexa posto en valor e transmitido dun xeito moderno e eficaz ás novas xeracións. A AGG pretende tamén, mediante a organización deste congreso, chamar a atención sobre a importancia socioeconómica que o sector do ensino da música tradicional galega ten na nosa comunidade. A este respecto exporanse, neste I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, as conclusións do estudo que a fundación Son de Seu, en Colaboración coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a AGG, ven de realizar para documentar a actividade de tódolos ensinantes dedicados a este eido que existen actualmente na nosa comunidade.

Este relevante congreso está patrocinado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, así como pola Concellería de Cultura do Concello de Santiago de Compostela. Na súa organización colaboran ademais a AS.PG e a CIG, ademais das tres Universidades Galegas. Nel poderanse escoitar un total de dez relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos que tratarán temas tan interesantes como a situación actual do ensino da música tradicional achegando modernas propostas para a súa adaptación ó novo contexto urbano; o ensino da gaita de fol, do baile tradicional, da percusión, do canto e da zanfona; así como a aplicación das novas metodoloxías de ensino e linguaxes musicais o ensino da música e baile tradicionais galegos. Estes relatorios alternaranse con sesións plenarias onde se discutirán de xeito aberto a situación actual do ensino da música e danza tradicionais, así como as novas propostas e o futuro que agarda a este tipo de ensino. Os asistentes a este congreso presenciarán tamén un concerto didáctico a cargo de Pablo Carpintero, no que se porá de manifesto a grande riqueza e posibilidades didácticas do instrumentario tradicional de Galicia.
O I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela os días 18 e 19 de Novembro e vai dirixido a todo tipo de docentes, xente interesada neste tipo de ensino e, especialmente, a estudantes universitarios, para os que a asistencia contará como créditos de libre elección para as Universidades de A Coruña e Vigo.

A inscrición, cun custo de 10€ para asociados e estudantes e de 25 para outros interesados, poderase levar a cabo a través do portal da AGG (http://gaiteirosgalegos.com) ou ben por correo enviando o boletín de inscrición á seguinte dirección: Rúa Alfonso XIII-7º, oficina nº8, 36002-Pontevedra.

Para descargar o progama e boletín de inscrición faga click aquí:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/programacongreso.pdf