Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Concursos e Certames / Constantino Bellón 2005

Constantino Bellón 2005

Concursos e Certames

A peza obrigatória do ano 2005 está disponible en formato encore en

Peza obrigatória do Constantino Bellón 2005

Saudos, e sorte!

“CONSTANTINO BELLÓN”


O “CONSTANTINO BELLÓN”, é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega.


Mais información

A peza obrigatória do ano 2005 está disponible en formato encore en

Peza obrigatória do Constantino Bellón 2005

Saudos, e sorte!

“CONSTANTINO BELLÓN”


O “CONSTANTINO BELLÓN”, é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega.


O “CONSTANTINO BELLÓN” é un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos.


O “CONSTANTINO BELLÓN” pretende recolle-la mais pura tradición gaiteiril e manter, ó longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para tódolos gaiteiros galegos.


Ó chamarlle “CONSTANTINO BELLÓN”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días.


O ATENEO FERROLÁN, quere expresa-lo seu agradecemento a aquelas entidades e institucións que participan coa súa colaboración e apoio económico; a viúva de Luís Seoane, pola súa autorización para a utilización do seu debuxo, como logotipo do concurso; e como non, a tódolos gaiteiros e persoas que veñen colaborando na elaboración e organización do concurso de gaita galega “CONSTANTINO BELLÓN”.




















XVº Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”

BASES


1.- Poderán tomar parte tódolos gaiteiros que o desexen. As gaitas poderán ser grileiras, redondas ou tumbais. A interpretación será sen acompañamento.

2.- REQUISITOS:

2.1) Os concursantes deberán enviar ó Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202. Ferrol) unha cinta de audio ou CD gravada coa peza "AMODIÑO", de Xesús Vaamonde Manteiga, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
2.2) A partitura orixinal dunha peza inédita composta expresamente para este Concurso e unha copia da partitura da peza tradicional ou de autor.

3.- PLICAS.

3.1) Os concursantes deberán enviar a cinta gravada de audio ou CD nun sobre pechado identificado co pseudónimo adoptado. Este sobre deberá incluírse noutro, co mesmo pseudónimo no exterior e acompañado da seguinte documentación: partituras -orixinal e tradicional-, así como os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo e teléfono.
3.2) A non cumprimentación dos anteriores requisitos é excluínte da selección para o concurso.

4.- As partituras ficarán en propiedade do Ateneo Ferrolán.

5.- Co obxectivo de promociona-la participación da Galicia do exterior créase un apartado específico, dirixido ós gaiteiros das comunidades galegas da emigración, chamado “Gaiteiro de Soutelo”.

6.- Na final actuarán, como máximo, un total de catorce gaiteiros repartidos do seguinte xeito:

* Dez finalistas seleccionados polas gravacións presentadas directamente ó Ateneo Ferrolán, tal e como se contempla nestas Bases.
* Catro finalistas seleccionados segundo se especifica no Premio “Gaiteiro de Soutelo”.
Tódolos finalistas vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego, o cal terase en conta por parte do Xurado.

7.- A interpretación no Concurso constará de :

7.1) Unha peza inédita, creada expresamente para a presente edición do Concurso "Constantino Bellón", e máis da peza tradicional ou de autor.
7.2) A interpretación de ámbalas dúas pezas, no seu conxunto, non poderá sobrepasa-la duración de 5 minutos.

Tódolos finalistas recibirán unha peza de cerámica deseñada por Sargadelos, baseada nun óleo de Luís Seoane, cedido expresamente pola súa viúva Maruxa Seoane, para este concurso, e un Diploma acreditativo da súa participación no Concurso.

8.- A dotación do Premio será de 1.800 € con dous accésit de 600 €.

9.- Concurso de composición para Gaita Galega Solista.

10.- O Xurado cualificador valorará o emprego de xiros e técnicas propiamente galegos por parte dos finalistas e a súa decisión será inapelable.

11.- Como remate do Concurso, os finalistas interpretarán conxuntamente a peza obrigatoria. Para ilo, deberán traer unha gaita en DO, afinada a 440 Hz.

12.- O Ateneo Ferrolán patrocinará unha gravación do Concurso coa edición do mesmo en formato de disco compacto.

13.- O Prazo de inscrición remata o martes 12 de xullo do 2005.

14.- A final terá lugar na cidade de Ferrol o día 31 de Agosto do 2005.

15.- Aqueles casos non contemplados nestes artigos serán decididos a criterio do Xurado. A participación no Concurso implica a total aceptación destas BASES.








Concurso de composición para Gaita Galega Solista, requisitos:
(Punto nº 9 do “Constantino Bellón)

9.1) Poderán tomar parte todos os compositores que o desexen.
9.2) É obxecto deste concurso premiar a mellor partitura escrita para Gaita Galega Solista con ou sen orquestra ou conxunto instrumental.
9.3) A composición ten que ser inédita, non ter sido estreada, nin haber sido premiada anteriormente en ningún outro concurso, nin haber sido obxecto de ningún encargo previo. Terá unha duración mínima aprox. de 5 min. e máxima de 12 min.
9.4) Os traballos presentaranse manuscritos e en soporte informático, no enderezo do Ateneo Ferrolán.
9.5) Este traballo virá nun sobre pechado identificado co pseudónimo adoptado. Neste sobre deberá incluírse outro co mesmo pseudónimo no exterior e cos seguintes datos persoais no interior: nome, apelidos, enderezo e teléfono.
9.6) O prazo de presentación das partituras rematará o día 28 de xuño de 2005.
9.7) A dotación do premio será de 1.200 €.
9.8) O premio poderá ser declarado deserto.





“Gaiteiro de Soutelo”
(Punto nº 5 do “Constantino Bellón)

a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso “Constantino Bellón”, a Consellería da Emigración convoca o Premio “Gaiteiro de Soutelo”.

b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior.

c.- Os concursantes deberán enviar á Consellería da Emigración:
1) Unha cinta de audio ou CD gravada coa peza "AMODIÑO", de Xesús Vaamonde Manteiga, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
2) Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.

d.- PLICAS. Os concursantes enviarán a cinta de audio ou CD nun sobre pechado cun pseudónimo identificador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio “Gaiteiro de Soutelo”, e máis a copia da tradicional ou de autor.

e.- PRAZO. O prazo de presentación remata o mércores día 30 de xuño do 2005.

f.-PREMIOS. Os premios “Gaiteiro de Soutelo” consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso “Constantino Bellón”, que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2005, na cidade de Ferrol (Galicia).

* Haberá catro premios .













Mención de Gaita Galega “Constantino Bellón”


O Ateneo Ferrolán, en liña coa súa defensa e promoción das artes, na súa faceta de música, coincidindo co Concurso de Gaita “Constantino Bellón”, CREA unha mención honorífica, dirixida a aquelas persoas ou entidades que destacaron polo seu traballo a prol da música galega.

1.- A Mención de Gaita Galega “Constantino Bellón” consta de dúas modalidades, da mesma categoría: “Gaita de Ouro”dirixida á figura do gaiteiro, artesán, investigador ou persoa a nivel individual, e “Gaita de Prata” para colectivos ou entidades:

1) Gaita de Ouro “Constantino Bellón”

2) Gaita de Prata “Constantino Bellón”

2.- Este Premio outorgase tódolos anos, por parte do Ateneo Ferrolán, coincidindo coa celebración do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.

3.- Para a nominación de Mencións, o Ateneo Ferrolán solicitará do Xurado do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a súa opinión que se reflexará nunha terna de candidatos a valorar, quedando a nominación e concesión final baixo os criterios do Ateneo Ferrolán.

4.- A presente Mención será de carácter honorífico e non económico, non estando suxeita a ningún tipo de compromiso por ámbalas dúas partes, a non se-lo propio e moral que conleva o recoñecemento público da labor efectuada polos galardoados .


MENCIÓNS CONCEDIDAS

Ano 1995 Mención Gaita de Ouro Quinteto Tradicional “Raparigos”
Mención Gaita de Prata Carlos Zaera Landeira

Ano 1996 Mención Gaita de Ouro Antón Corral, Universidade Popular de Vigo
Mención Gaita de Prata Grupo Tradicional “Os Garceiras”

Ano 1997 Mención Gaita de Ouro José Seivane Rivas, artesán
Mención Gaita de Prata Grupo Tradicional “Os Rosales”

Ano 1998 Mención Gaita de Ouro Emilio Corral Vázquez, gaiteiro
Mención Gaita de Prata Real Coro “Toxos e Froles”

Ano 1999 Mención Gaita de Oro Juan Bello Mallou
Mención Gaita de Prata “Os Montes”

Ano 2000 Mención Gaita de Oro Enrique Otero Covelo
Mención gaita de Prata Asociación Xuvenil “Xacarandaina”

Ano 2001 Mención Gaita de Oro Luciano Pérez Dìaz
Mención Gaita de Prata “Faiscas do xabre”


Ano 2002 Mención Gaita de Oro Xosé López Bao, artesán
Mención Gaita de Prata Orfeón Terra Nosa

Ano 2003 Mención Gaita de Oro Rogelio Groba y Groba
Mención Gaita de Prata Escola de Gaitas de Ortigueira-Mención Especial a Xavier
Garrote

Ano 2004 Mención Gaita de Oro José Luis Calle
Mención Gaita de Prata Programa de Radio “LUME NA PALLEIRA”