Un novo programa de música "No bico un cantar"
Mércores, 09 Xaneiro 2013 12:53
Con este título vai a emitirse a partir do 1 de Xaneiro sobre as 10 da noite, e parece que todos os martes a esa hora, un novo programa arredor da música popular. Ó marxe do posible éxito de audiencia que poida ter é un programa que do mesmo xeito que pasou co “Alalá” vai quedar para a historia e vai a engrandecer o patrimonio musical galego. Dedicado cada programa a unha canción, imos coñecer a nosa propia historia de novo coa “excusa” dun tema musical sabido por todos, pero que de seguro vainos a sorprender.
As cancións son como estrelas no firmamento da tradición dunha comunidade iluminan coa súa existencia e nos permiten redescubrir as nosas propias raíces. Un programa cunha aplicación didáctica evidente e que nunca perderá valor co paso do tempo, todo o contrario. Neste mundo rápido onde as modas marcan referencias ficticias o valor da tradición como factor de estabilidade e riqueza colectiva ten máis sentido que nunca.