Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Concerto-Homenaxe a Moxenas: Sábado 30 de abril

Concerto-Homenaxe a Moxenas: Sábado 30 de abril

Varios



Moxenas. 10 anos despois. COncerto Homenaxe
Organiza:
FAAVV Eduardo Chao
Caixanova


A Federación Veciñal 'Eduardo Chao' de Vigo convídate o

Sábado 30 de Abril ás 20:30

no Teatro Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova ao

CONCERTO - HOMENAXE

MOXENAS. 10 Anos despois

* Presentación:
o Xurxo Souto (actor, escritor, e músico)
* Actuarán:
o Susana Seivane (en formación reducida)
+ Brais Maceiras - Acordeón diatónico
+ Carlos Freire - Tambor
+ Carlos Gándara - Bombo

o Moxenas Musical Galego

Director: Xosé Oliveira

* Intervirán:
o Antón Corral, ex-director do obradoiro de Instrumentos musicais populares galegos da U.P. e director da Banda de Gaitas Xarabal
o Miguel Pérez, licenciado en musicoloxía e autor do libro ‘Moxenas, A memoria do son’
o Xosé Luís Miguélez, mestre de gaita do conservatorio profesional de música de Vigo

Retirada das invitacións nas Asociacións Veciñais Federadas, na Federación Veciñal e o día do concerto no Centro Cultural Caixanova.
Para máis información:
986 22 30 67
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos temos enviado o apoio de toda a Xunta Directiva. Ademais, a requerimento da organización, teñen-se enviado distintos escritos de apoio, entre eles o de José Presedo:


Certamente é un verdadeiro pracer saber que o nome e a obra de Moxenas son quen de inspirar este acto tan sentido por parte da Federación Veciñal de Vigo cara á transmisión da nosa música aos novos gaiteiros. Desexo de corazón que estes rapaces, que están a recibir hoxe a testemuña da cultura tradicional galega neste bautismo musical, poidan aproveitala e conservala para que chegue intacta aos seus fillos e aos fillos dos seus fillos durante, polo menos, mil anos máis.

Queridos rapaces gaiteiros:

vos sodes os depositarios do legado de Moxenas, dos Morenos e de tantos outros músicos tradicionais que deixaron ouvir as súas gaitas polos barrios de Vigo e polo mundo enteiro. Sodes os encargados de defendelo e amparalo contra os perigos cos que a globalización e as malas artes de algúns iluminados están a ameazalo. Non é doado, pero tampouco imposible. Só tedes que traballar deixándovos levar polo sentir galego e gaiteiro.

Recibide o meu apoio e o meus parabéns. ¡Ánimo e adiante!

José J. Presedo.
Gaiteiro.


Sen querer incluir todos os apoios enviados, tamén incluimos o do noso compañeiro Xaneco Tubío:


Estimado Xosé, antes de nada quería pedirvos desculpas por non poder estar convosco no día da homenaxe, xa que por cuestións de ultima hora non podo achegarme ata Vigo, máis si que estou con vós no traballo que levades facendo dende hai moitos anos na dignificación da música tradicional galega, por eso quería sumarme a esa homenaxe que lle vades a facer ao grande gaiteiro Moxenas, sabede que contades co apoio incondicional deste obradoiro de instrumentos de percusión tradicional e de zanfonas, pois actos de este tipo no que tanto ti coma a Federación veciñal de Vigo "Eduardo Chao", levades traballando arreo para que sallan adiante, demostranos que a nosa tradición musical e a nosa cultura galega, están vivas e gozan de moi boa saude. Deberan tomar nota os nosos gobernantes e os responsabeis das nosas institucións públicas e políticas, do bon traballo que se está a facer dende as asociacións veciñais e culturais, na divulgación da nosa música tradicional, tal como é, sen precisar de transformacións extranxeirizantes que o único que fan e confundir e tratar de sustituir a tradición de séculos de existencia da cultura galega, para reducila á mínima expresión, máis con iniciativas deste xeito, sempre teremos futuro, pois con ilusión e orgullo de sermos galegos neste mundo globalizado, ningunha subvención millonaria sustituirá nunca a nosa música tradicional.
Ánimo e adiante

Dende a Terra Cha parabéns polo voso traballo

XANECO
Obradoiro de instrumentos musicais galegos