Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións / Dispoñible o novo número da revista Sons da Galiza

Dispoñible o novo número da revista Sons da Galiza

Publicacións

A publicación dixital Sons da Galiza ten xa dispoñible no seu blog o seu número 18, que corresponde aos meses de novembro e decembro. Desta volta, atende a cuestións como os últimos discos de Leilía, Malvela e Assembly Point, a nova voz de Luar na Lubre, ou a Biografía e DVD ao vivo de Berrogüetto. Asimesmo, a xira da Orquestra Sondeseu e as habituais de seccións de axenda e de novas breves fan parte da entrega.