Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / XX Premio IAR de Folclore Galego

XX Premio IAR de Folclore Galego

Concursos e Certames

 

premio iarPremio IAR de Folclore galego 2011 a Xacarandaina

O Xurado do Premio quixo deste xeito destacar a traxectoria do grupo Xacarandaina e o seu labor de recuperación do vestiario e das tradicións artísticas galegas, manifestadas no amplo repertorio do Grupo de Música e Bailes.

Xacarandaina recibirá o premio o 10 de decembro, a partir das 19:30h. no Festival que organiza cada ano esta asociación e que será celebrado no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no que actuarán tamén os grupos "Coros y Danzas Castiella" de Cabezón e Pisuerga (Valladolid) e "Os Melidaos" de Melide.

O premio IAR
O Premio “IAR” de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país e con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.