V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
Xoves, 08 Setembro 2011 14:33
A Asociación de Gaiteiros Galegos está a organizar o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, que se levará a cabo no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, durante os días 7, 8 e 9 de Outubro de 2011. Toda persoa que queira expoñer algún tema relacionado co ensino da música tradicional poderá escribir unha comunicación e presentala no Congreso.
As normas para a presentación de comunicacións serán as seguintes:
- O prazo de presentación dos resumos das comunicacións será do 12 ao 28 de Setembro de 2011. O contido deberá ser enviado co seguinte formato: letra “Times New Roman”, tamaño 12, interliñado sinxelo. O contido deberá incluírse nunha páxina como máximo (1 cara). Ademais deberán indicarse os datos persoais do autor/es que presenten a comunicación.
- Os autores das comunicacións seleccionadas poderán redactar o traballo in extenso ata o 3 de Outubro. Data límite para que todas poidan ser incluídas na documentación oficial do Congreso.
- A duración das comunicacións non deberá ser superior a 15 minutos de exposición.
- O envío das comunicacións deberá realizarse por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou por correo ordinario á Lugar de Quintan 3, C. P 36121 Viascón – Cotobade (Pontevedra).
En breve informarese do programa e do prazo de inscrición.