Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Remata a Programación a Pé de Rúa

Remata a Programación a Pé de Rúa

AGG

Na foto actuación da Asociación Cultural Cántigas e Frores

Esta fin de semana remata o programa "A Pé de Rúa", organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa AGADIC, programa que se veu realizando ao longo do verán  co obxectivo de promover a difusión da música tradicional levando por distintas vilas de Galicia grupos con atuacións a pé da rúa.

Esta fin de semana, varios grupos pertencentes á Asociación de Gaiteiros Galegos,  protagonizarán pasarrúas e mostras de música tradicional nos concellos de Pontedeume (A Coruña), Oimbra e Ribadavia (Ourense). A Asociación Cultural Cántigas e Frores (Lugo) será a encargada de amenizar coa súa actuación de música e baile as rúas do concello de Pontedeume o venres 9 de setembro a partir das 21h. da noite co gallo das Festas das Peras. O sábado 10 de setembro, os compoñentes de Frouma (A Coruña) serán os encargados de realizar un pasarrúas a partir das 12h. nas Festas de Santa Cruz no concello de Oimbra. E o domingo 11, será o grupo Lembranzas da Ría (Cangas - Pontevedra) quen coa súa actuación de música e baile as 18h. na Praza Maior de Ribadavia amenizará as Festas Patronais da vila, quene dará clausura ao programa A Pé de Rúa, o cal tivo unha grande aceptación tanto polos concellos participantes e os seus habitantes, como polos grupos encargados de levar a nosa música tradicional polas vilas de toda Galiza.