Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións / ESTUDIOS PARA GAITA GALEGA: Un novo xeito de aprendizaxe para a gaita

ESTUDIOS PARA GAITA GALEGA: Un novo xeito de aprendizaxe para a gaita

Publicacións


O Gaitero Xosé Luís Miguélez presenta o libro "Estudios. Volume I: Nivel Iniciación", dentro dos "Cadernos de Gaita Galega" da editorial Dos Acordes.

O "Estudio" é o paso intermedio entre o exercicio técnico e a peza. Con estas publicacións preténdese aportar unha ferramenta máis, fundamental no estudio de calquera outro instrumento musical, ao ensino da gaita.

Os contidos deste primeiro volume son adecuados para iniciarse, dunha forma amena e progresiva, na aprendizaxe do instrumento, así como para o seu posterior perfeccionamento; dividido en catro niveis, correspóndese cos catro cursos oficiais do Grao Elemental de Gaita Galega que se imparten nos conservatorios públicos de Galicia. Cada nivel consta de dez estudios e unha peza, o que conforma corenta estudios e catro obras en total. Cada estudio está comentado polo autor para sacarlle o máximo partido.

Dirixido ao gaiteiro que se achega por primeira vez ó instrumento e aos que, coñecéndoo, queren perfeccionar a súa técnica. Pretende tamén, ser de axuda para os mestres e profesionais do ensino da gaita.

O libro, en tamaño A4, flexible e cunha extensión de 65 páxinas, ten un prezo de 10 euros. Están dispoñibles dúas edicións, en notación de DO e notación de RE para facilitar ó máximo a súa comprensión.



Mais información.
A continuidade de dita serie está prevista coa publicación dos "Estudios. Volume II: Nivel Medio" (en xuño do 2006), e os "Estudios. Volume III: Nivel Avanzado" (no mes de febreiro de 2007).

Podes realizar a compra desta publicación en tendas de música e librerías ou a través do site da editorial www.dosacordes.com dentro da sección de publicacións.

Na web do autor www.xlmiguelez.com terás acceso á descarga de gravacións e actualizacións dos estudios así como a máis información relacionada coa gaita galega.