Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións... / Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Anuncios, subvencións, oposicións...

Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas.

A orde do 6 de febreiro de 2006 está destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música e radiquen na Comunidade Autónoma de Galicia, desde o 1 de xaneiro de 2006 ata o prazo límite de xustificación de gastos. A cantidade concedida poderá acadar unha contía máxima por beneficiario de 4.000 euros.

Tamén foron publicadas sendas axudas para conservatorios e escolas de música de titularidade pública.


Mais información.

O prazo de presentación de solicitudes remata 40 días despois da publicación da convocatoria, é dicir, o sábado día 2 de abril. Para máis información podedes consultar o DOGA do 23 de febreiro de 2006.

http://www.xunta.es/Dog/dog.nsf/FichaSeccion/D5212?OpenDocument