Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Xuntanza Música Tradicional do Salnés

Xuntanza Música Tradicional do Salnés

Festivais, Foliadas, Romarías



O vindeiro venres 17, a partir das 10 da noite na cafetaría Vila Aurora da praia Compostela, celebrarase a segunda xuntanza da música tradicional da comarca do Salnés. Despois do éxito da xuntanza do mes de xaneiro os músicos tradicionais da comarca decidimos establecer de maneira formal esta convocatoria co ánimo de que sirva de punto de encontro e relación entre tódalas persoas que teñen un vínculo directo coa música tradicional, así como de todos aqueles que queiran achegarse a este tipo de música e disfrutar dunha boa noite.


Mais información.


Bailes, cantos, gaitas, percusións, acordeóns, requintas, clarinetes…todo ten cabida e convive nesta noite de música tradicional.

É necesario facer do baile e da música tradicional un ben normalizado na nosa sociedade e para iso, entre outras moitas iniciativas, é necesario contar con locais e lugares onde a xente poida escoitar e participar da cultura musical tradicional, ó igual que sucede con outros tipos de música.

…Así que xa sabes, o terceiro venres de cada mes música e baile tradicional en Vilagarcía.

Non faltes!!