XXV Día da Muiñeira en Arteixo
Luns, 23 Maio 2011 09:06
A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXV Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 12 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.
BASES DO XXV DÍA DA MUIÑEIRA
1. Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.
2. Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.
(Prema no titulo para ler a nova ao completo)
3. Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.
4. A Muiñeira a bailar será a “MUIÑEIRA DE PAULINO” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase catro veces con breves descansos.
5. O prazo de inscripción remata o 4 de Xuño. As follas debidamente cumplimentadas deberán enviarse a:
Correo ordinario: Asociación Xuvenil “Xiradela”,
Polígono de Sabón, 5.
15142 Arteixo.
Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
6. Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do Poazo dos Deportes (zona escolar), ás cinco da tarde.
7. Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes.
Tlfnos. de contacto: 981641125 (Xiradela), 675527543 (Raquel)
620187774 (Tania) 650145608 (Mariña)