Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / XXX Día da Muiñeira de Carballo

XXX Día da Muiñeira de Carballo

Concursos e Certames

Un ano máis, a Asociación Cultural Nemeth anímavos a participar no Día da Muiñeira de Carballo, que nesta ocasión celebra a súa XXX edición.

Reunirémonos tódolos participantes ás 17:00 do domingo día 5 de xuño do 2011 na Avda/Bergantiños (fronte ó Instituto Alfredo Brañas), para realiza-lo tradicional percorrido polas rúas de Carballo ata chegar á Praza do Concello, onde ás 18:00 bailaremos todos xuntos. En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan a realización da actividade no exterior, trasladarase ó Polideportivo Carballo Calero.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)

 

Os gaiteiros interpretarán catro veces a muiñeira de Carballo, adaptada en cinco voltas e catro puntos: a primeira das veces para que os bailadores escoiten e se familiaricen coa melodía, e as tres seguintes para que tódolos grupos bailen ó seu son.

 

Prégase a cada asociación que teña preparada unha parella para achegarse ó escenario na entrega de agasallos, así como algún representante para encargarse de recolle-la merenda.

Despois do baile conxunto, terá lugar o Concurso de Muiñeira San Xoán 2011, que constará de dúas categorías en función da idade da maioría dos compoñentes:

-  Categoría A: ata 12 anos inclusive.

-  Categoría B: de 13 a 17 anos inclusive.

Haberá un único premio en cada categoría dotados de trofeo e 150 € cada un.

A peza a interpretar deberá ser unha muiñeira tradicional ou popular e non se poderán exceder os 5 minutos na súa execución.

INSCRICIÓN:

A organización deberá estar debidamente informada de tódolos datos de interese acerca dos grupos participantes (tal e como se indica na folla de inscrición), así como da intención de presentar algún grupo ó Concurso.

O prazo para presenta-las inscricións será ata o 29 de maio (inclusive).

Poderán enviarse por correo ordinario a:

A. C. Nemeth

R/Valle Inclán, 24, 4º

15100 Carballo

ou ben por correo electrónico a:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Para calquera dúbida ou aclaración, tamén podedes chamarnos a calquera destes teléfonos           

629741617 / 610061448