Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / VII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere

VII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere

Concursos e Certames

Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, convócase o VII Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc. 

(Prema no título para ver a nova ao completo)

Estableceranse catro categorías para participar: 

-Categoría A: Ata os 9 anos.

-Categoría B: de 9 a 12 anos.

-Categoría C: de 12 a 16 anos.

-Categoría D: máis de 16 anos

 

A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo,  ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile  presenten outro tipo de formación.

Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento,  excluíndose a utilización de cintas, discos,....

Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.

A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos ).

Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.

O concurso celebrarase o Domingo 17 de abril, en horario de mañán (ás 11:00 horas) para as categorías A e B e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías C e D, no Teatro Principal da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)

O prazo de presentación para o concurso  rematará o domingo 10 de abril (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) .

A inscripción realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.aestrada.com dentro do apartado concurso (confirmación de recepción).

O xurado,  nomeado por Tequexetéldere, podera descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases.  Dito  xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.

Á  hora de avaliar  terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.

A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.

Máis info: www.tequexeteldere.aestrada.com