Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións / Presentación do libro sobre Os Campaneiros en Vilagarcía de Arousa

Presentación do libro sobre Os Campaneiros en Vilagarcía de Arousa

Publicacións



Edicións do Cumio presenta o libro multimedia OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA.

O acto vai ter lugar na SALA DE CONFERENCIAS DO AUDITORIO DE VILAGARCÍA DE AROUSA o SÁBADO 17 DE DECEMBRO ÁS 18:30 HORAS.

No mesmo participarán os autores, Carlos Rey, Héctor Silveiro e Paulo Nogueira; Carlos Valiñas, en representación das familias Valiñas e Carballa e o director de Edicións do Cumio, Antón Mascato.

Estará ameniazado polo cuarteto de gaitas FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.

LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA QUE INCLÚE PARTITURAS E FOTOGRAFÍAS. CO LIBRO ACHÉGASE UN DVD CON FRAGMENTOS DE PELÍCULAS, GRAVACIÓNS DE AUDIO E VIDEO E UNHA GALERÍA DE IMAXES QUE REPASA A HISTORIA DO GRUPO MÁIS FAMOSO DAS RÍAS BAIXAS.