Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións / OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA: Gaiteiros de Arousa e O Salnés.

OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA: Gaiteiros de Arousa e O Salnés.

Publicacións

Nova obra da serie multimedia de Edicións do Cumio.

LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA QUE INCLÚE PARTITURAS E FOTOGRAFÍAS. CO LIBRO ACHÉGASE UN DVD CON FRAGMENTOS DE PELÍCULAS, GRAVACIÓNS DE AUDIO E VIDEO E UNHA GALERÍA DE IMAXES QUE REPASA A HISTORIA DO GRUPO MÁIS FAMOSO DAS RÍAS BAIXAS.



Neste libro, da autoría de Carlos Rey, Paulo Nogueira e Héctor Silveiro, estúdase en detalle un dos grupos máis míticos da nosa cultura musical tradicional.

José Carballa e Celestino Carballa tocaban bombo e tambor, respectivamente. Fillos de Palla Mallada, gaiteiro de renome na comarca da Arousa, despois de tocar co seu pai achegáronse a dous gaiteiros veciños, os irmáns Valiñas, para formar Os Campaneiros.


Mais información.
O inconfundíbel estilo que caracterizou ao grupo débese ao bo facer destes homes e á súa particular maneira de entender a percusión dentro da formación tradicional do cuarteto de gaitas. Sen lugar a dúbidas, o dúo de gaitas que protagonizaron os irmáns Ramón e José Valiñas constituíuse como un dos referentes fundamentais da música de gaita da segunda metade do século XX. Esta obra transmite, en definitiva, a esencia expresiva do fenómeno dos Campaneiros: os gaiteiros populares engrandecidos no seu traballo, con luz propia á hora de analizar a súa arte.

Como mostra deixamos tres arquivos ao dispór dos nosos socios para a súa descarga desde o Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos (sección de descargas).


Foto dos Campaneiros de Vilagarcía de Arousa en Carril.



Foto dos Campaneiros de Vilagarcía de Arousa en Ribadumia no ano 1971.