Do tacón-punta-tacón á serpentina
Xoves, 13 Xaneiro 2011 08:57
Dicionario da música popular en Galicia' é unha obra de consulta cuxa autora, Olga M. Camafeita Longa, formula tamén como percorrido pola nosa historia e maneira de vivir.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
O libro Dicionario da música popular en Galicia propón definicións para os principais termos relativos á arte da danza, a cantiga e a harmonía. Desde os principais xéneros musicais (por exemplo hai un apartado amplo adicado aos diferentes tipos de cantares) ás pezas do traxe de baile galego, pasando polos instrumentos, movementos na danza ou maneiras de tocar.
Completa guía para afeccionados, tanto á música como á historia cotiá. Olga Camafeita converteu este traballo no seu proxecto de fin de carreira e ela mesma recoñece que a profundación no mundo da música é "máis rico e atraente do que moitos poderían pensar".
Edita Morgante.