Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / A TRADESCOLA ABRE O PERÍODO DE RESERVA DE PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO 2010-2011

A TRADESCOLA ABRE O PERÍODO DE RESERVA DE PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO 2010-2011

AGG


A partir de hoxe está aberto o período de reserva de prazas na TRADESCOLA, o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Este centro, situado na cidade de Lugo, é un centro de formación cunha proposta educativa destinada a que o alumnado adquira unha formación integral na música e no baile tradicional.

A TRADESCOLA conta actualmente con 200 alumnos matriculados e con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación.

Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Emilio Mesias, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Montse Rivera, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

A reserva de prazas na Tradescola permanecerá aberta ata o día 15 de xuño.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4- Lugo), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Na escola poden inscribirse persoas de tódalas idades (nenos a partir de 7 anos), para niveles de iniciación ou perfeccionamento.