Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Reunión co Director Xeral de Creación e Difusión Cultural

Reunión co Director Xeral de Creación e Difusión Cultural

Varios




Na tarde do martes 25 de outubro de 2005 membros da Xunta Directiva da
Asociación de Gaiteiros Galegos tiveron unha reunión co Director de
Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galiza, D. Luis Bará Torres.

Na mesma comezaron a valorarse distintos proxectos de colaboración interesantes para ambas partes. As ideas que foron estudadas durante a reunión serán concretadas nun futuro inmediato por parte da AGG para a correspondente valoración por parte da Xunta de Galiza, emprazando a realización ao ano 2006.

Sen nengún xénero de dúbidas a música tradicional comezará a ocupar o papel que lle corresponde dentro da nosa sociedade.