Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Lume na Palleira / Lume na Palleira retorna á programación da Radio Galega

Lume na Palleira retorna á programación da Radio Galega

Lume na Palleira




Este sábado 29 de outubro de 2005 o programa "Lume na Palleira", presentado por Emilio Españadero, retorna á programación da Radio Galega, en horario de 15 a 17 horas.

Despois dun período no cal a Dirección da Radio Galega prescindiu do antedito programa, de novo teremos un programa dedicado á música galega onde a parte máis tradicional continuará a ter presenza, dentro do espazo "O Recuncho da Palleta".


Mais información.


Para iste primeiro programa da nova andaina, teremos

O Recuncho Da Palleta: A Percusión Tradicional Galega (Pablo Carpintero)
Entrevista cos organizadores do 2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana
Entrevista a Luvas Verdes (Presentación de seu 1º disco: "Fandango Desesperado")