Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / 2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

Festivais, Foliadas, Romarías

O vindeiro sábado 5 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica na Casa Grande de Vilanova (A Estrada). Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica a o nacer do día.

Programa.

-20,30h. Recibimento na Casa Grande de Vilanova (A Estrada):

www.casagrandevilanova.com ; www.casagrandedevilanova.com.

- 21,30h. Cea-confraternización a base de produtos do país (polbo, carne ao caldeiro, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).

-23,30h. Actuación dos grupos de pandereteiras:
-Dulcamara (Uviéu-Asturies).
-Veña que vai! (O Morrazo-Galiza).
-¿¿??h. Festa rachada deica a alborada (cando menos!!).



Mais información.
Inscricións.

-Enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) e xeito de pagamento elixido (en conta ou en man o propio día) antes do día 31 de Outubro ao enderezo electrónico:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Prezos e pagamento.

-Cea máis aloxamento en Casa de Turismo Rural: 55 Euros.
-Só cea: 25 Euros.

Ingreso na conta 2091 0530 38 3000031846-Caixa Galicia. Especificar “Encontro” ou “Alcuentru” e mailo nome do/a pagador/a. Non esquezades traer o resgardo de pagamento o propio día do Encontro.

Contacto: 657 209 731 (Guillerme). Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo