Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / UN PATRIMONIO PARA O FUTURO NO SAN FROILÁN (publicado o 03/10/05)

UN PATRIMONIO PARA O FUTURO NO SAN FROILÁN (publicado o 03/10/05)

Festivais, Foliadas, Romarías

LUGO: 5-10-05

PRAZA DE SANTA MARÍA

Hora: 17.30 hs.




O Concello de Lugo programa para o día do San Froilán un acto central de apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués en colaboración coa Comisión Promotora. O festival "Un patrimonio para o futuro" mostrará un amplo abano das expresións que a Candidatura achegou á UNESCO.


Mais información.

LUGO: 5-10-05

PRAZA DE SANTA MARÍA

Hora: 17.30 hs.

O Concello de Lugo programa para o día do San Froilán un acto central de apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués en colaboración coa Comisión Promotora. O festival "Un patrimonio para o futuro" mostrará un amplo abano das expresións que a Candidatura achegou á UNESCO. Así, non só estarán representadas as manifestacións galego portuguesa senón que haberá unha mostra dos portadores deste patrimonio do occidente de Asturias, do Bierzo e de As Frieiras de Zamora.

O gaiteiro Nela e os seus amigos da Asociación Os Castros de Taramundi interpretarán melodías do occidente asturiano de clara raíz e influencia galega. César e Pando son dous portadores da arte de tocar o berimbau, chamado trompa na zona da Fonsagrada, son portadores de outros saberes e interperetarán o repertorio característico deste instrumento. Son del Cordel é un dos grupos máis coñecidos polo seu traballo coa cultura tradicional de Castela e León. No seu repertorio e no seus traballos de campo inclúen toda a presenza da cultura galego-portuguesa na zona do Bierzo e da comarca de As Frieiras en Zamora. O grupo Galandum Galandaina é outro dos colectivos coñecidos polo seu traballo coa cultura tradicional galego-portuguesa de Trás-Os-Montes. Contribúen á recuperación da gaita mirandesa, con analoxías coa gaita galega, e tamén á recuperación da lingua e cultura mirandesa. Tamén desta zona de Trás-Os-Montes chegarán as tocadoras de adufe ( o pandeiro cadrado ) cos seus cantos e melodías. O grupo Xistra de Coruxo é coñecido polo seu traballo co folclore, a danza e a recollida de campo a ambos lados do Miño. O seu repertorio inclúe unha mostra significativa de melodías galego-portuguesas que son comúns a Galiza e Portugal.

Estamos pois diante dunha oportunidade para contemplar unha mostra do patrimonio inmaterial galego-portugués procedente de zonas do territorio onde está aínda vivo mais nalgúns casos en serio perigo de desaparición.

Máis información:

Xerardo Santomé

Tf: 606 41 53 46