Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / Selección de voces para gravar poemas de Novoneyra

Selección de voces para gravar poemas de Novoneyra

Concursos e Certames

A Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) está a preparar un vídeo sobre Uxío Novoneyra que estará dispoñíbel a comezos de abril. No vídeo incorpóranse algúns poemas do libro Os Eidos. A gravación dos textos terá lugar en marzo. Queren abrir a posibilidade de participar neste documental a todos as persoas que o desexen. Por iso a as-pg convoca un concurso para a selección das voces (unha voz masculina e unha voz feminina) que recitarán os textos de Novoneyra segundo as seguintes bases:

- As e os participantes gravarán en formato mp3 dous poemas do libro Os Eidos e enviaranos á as-pg a través do formulario que se encontra no enderezo web seguinte, cubrindo todos os datos que se solicitan: http://www.as-pg.com/Podcast/ShowRecommendationForm.do

- Os envíos haberán de se facer antes do día 22 de febreiro de 2010, ao enderezo citado anteriormente.

- A AS-PG nomeará unha comisión de selección e esta proporá unha voz masculina e outra feminina atendendo aos criterios de dicción, interpretación, ritmo e calquera outro criterio a ter en conta nestes casos.

- As persoas seleccionadas participarán na gravación do DVD, aboándolles a as-pg as cantidades que de común acordo se establezan.

- Se a comisión de selección considera que ningunha das gravacións recibidas reúne os requisitos esixidos, a as-pg acudirá a profesionais para levar a cabo este traballo. Neste suposto, as gravacións recibidas poderían incluírse no DVD nun apartado de “Extras”.