Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Éxito rotundo do I Encontro de Músicos Tradicionais da Limia (26/09/2005)

Éxito rotundo do I Encontro de Músicos Tradicionais da Limia (26/09/2005)

Festivais, Foliadas, Romarías

Con data 25 de setembro de 2005 tivo lugar, dentro das actividades da Romaría da Saínza e no prado afortunado da maxestosa da Carballa da Rocha o

I ENCONTRO DE MÚSICOS TRADICIONAIS DA LIMIA

depositarios e transmisores da arte e do saber dos devanceiros. Coa presenza gozosa de moitos dos músicos limiaos vivos e dos parentes dos finados, que foron catalogados en publicación recente.



A participación de numerosos músicos tradicionais limiaos (gaiteiros, percusionistas, cantareiras, ...) permitiu disfrutar ao numerosísimo público asistente dunha mostra ao vivo do noso folclore.

Teñen manifestado a súa adhesión ao acto o Museo da Limia, a Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, a Vicerreitoría de Planificación do Campus de Ourense, a Difusora de Letras, Artes e Ideas e a Asociación de Gaiteiros Galegos.


Se queres ver algunhas fotos, preme aqui



Para mostra do ambiente que houbo neste I Encontro de Músicos Tradicionais da Limia podedes ver trés fotos, onde trés auténticos mestres da gaita interpretan melodias, que son seguidas polo público do xeito mais natural: bailando.

Nesta primeira foto podemos ver ao señor Delfín de Nocedo, acompañado na caixa por Carlos do Viso.












Nesta segunda foto, o noso benquerido Paco de Escornabois interpretaba outra melodia para o baile debaixo da Carballa da Rocha.



















E como non, Ernesto Araújo Pérez de Carballal (Rairiz de Veiga) quen tamén aparece na capa do díptico publicitário!