Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Escola de Muiñeira. Cantigas e Agarimos (17/08/2005)

Desde o dia 12 de setembro está aberta a matrícula para a Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos.



Actividades:
Baile
Pandeireta
Gaita
Linguaxe Musical
Percusión
Coral

Datas de matrícula:
Nenos (de 3 a 16 anos) do 12 ao 29* de setembro
Adultos do 12 de setembro ao 31 de outubro


Mais información

Ler mais. Escola de Muiñeira. Cantigas e Agarimos (17/08/2005)

 

SAN FROILÁN 2005: O concello non acepta a proposta de colaboración (14/09/05)

NOTA DE PRENSA RELATIVA AO SANFROILÁN 2005

Este ano a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) volveu a ofrecer a súa colaboración ao Concello de Lugo para a organización da “Mostra de música tradicional do Domingo das Mozas”, que tanta sona e prestixio acadau durante os doce anos que se celebrou nas festas de San Froilán, organizada pola AGG.




O Presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, reuniuse coa Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, o luns dia 12 de setembro. Nesta xunta Santiago Caneiro manifestoulle a disposición da AGG de retomar o acordo co Concello que o goberno municipal rompeu o ano pasado.


Mais información

Ler mais. SAN FROILÁN 2005: O concello non acepta a proposta de colaboración (14/09/05)

Candidatura Multinacional de Património Imaterial Galego-Português

A División de Patrimonio Inmaterial da Unesco confirmou onte que o informe da Candidatura da tradición oral galego-portuguesa superou a fase de avaliación administrativa e xa está en mans do Xurado Internacional para a súa avaliación científica.



O dossier foi cualificado de "rigoroso e ben documentado" no referente ao exhaustivo plano de acción sobre o conxunto deste patrimonio.


Mais información



Ler mais. Candidatura Multinacional de Património Imaterial Galego-Português

Xornadas de Portas abertas en Brincadeira (publicado o 09/09/2005)

Brincadeira organiza de novo unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Este ano desenvolveranse os días 24 e 25 setembro, organizando os seguintes obradoiros



Xogos e Agarrados: Sábado de 11 da mañá a 2 da tarde, a cargo de Pablo Díaz, compoñente de Ruote. Que veñan todos a bailar mazurcas, polcas, valses e a enredar e divertirse con xogos cantados.


Mais información

Ler mais. Xornadas de Portas abertas en Brincadeira (publicado o 09/09/2005)

II Encontro de Pandeireta Peninsular (publicado o 07/09/05)

O vindeiro 25 de setembro de 2005 terá lugar en Pontevedra o II Encontro de Pandeireta Peninsular, A pandeireta no norte peninsular. Baixo o slogan "Levamos o ritmo na pel" contará con catro excepcionais mestres de Galiza, Asturias, Cantabria e Euskadi.

Concretamente Soledad Rodríguez Aguirresarobe (pandeireta cántabra), Imanol Urkizu Lertxundi (pandeireta vasca), Eva Tejedor (pandeireta asturiana) e Chisco (pandeireta galega).




Mais información

Ler mais. II Encontro de Pandeireta Peninsular (publicado o 07/09/05)

Páxina 439 de 450