Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Presentación do libro sobre Os Campaneiros en Vilagarcía de Arousa



Edicións do Cumio presenta o libro multimedia OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA.

O acto vai ter lugar na SALA DE CONFERENCIAS DO AUDITORIO DE VILAGARCÍA DE AROUSA o SÁBADO 17 DE DECEMBRO ÁS 18:30 HORAS.

No mesmo participarán os autores, Carlos Rey, Héctor Silveiro e Paulo Nogueira; Carlos Valiñas, en representación das familias Valiñas e Carballa e o director de Edicións do Cumio, Antón Mascato.

Estará ameniazado polo cuarteto de gaitas FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.

LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA QUE INCLÚE PARTITURAS E FOTOGRAFÍAS. CO LIBRO ACHÉGASE UN DVD CON FRAGMENTOS DE PELÍCULAS, GRAVACIÓNS DE AUDIO E VIDEO E UNHA GALERÍA DE IMAXES QUE REPASA A HISTORIA DO GRUPO MÁIS FAMOSO DAS RÍAS BAIXAS.
 

DÍA DO ORGULLO GAITEIRO

Do 17 de decembro do ano 1458 data o documento, achado polo escritor e historiador Xesús Ferro Couselo, no que o gaiteiro “Gomes Mouro”, do que a Asociación toma nome é recibido como veciño da vila de OURENSE.



Esa data supón pois a primeira constancia escrita da presenza dun gaiteiro na nosa cidade (a segunda en toda Galiza), e foi tomada pola Aula desde hai xa varios anos como xornada “reivindicativa” e lúdica arredor da nosa música tradicional.

O pasado ano 2004 bautizaron esa data como o “DÍA DO ORGULLO GAITEIRO”, un día no que fronte a universalización que nos conquista, tan enriquecedora e tan empobrecedora ao mesmo tempo, deixan ben claro que a nosa música segue viva, animando a todos os músic@s tradicionais a facer un exercicio de auto-estima combativa fronte a outras músicas que nos inundan.


Mais información.

Ler mais. DÍA DO ORGULLO GAITEIRO

OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA: Gaiteiros de Arousa e O Salnés.

Nova obra da serie multimedia de Edicións do Cumio.

LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA QUE INCLÚE PARTITURAS E FOTOGRAFÍAS. CO LIBRO ACHÉGASE UN DVD CON FRAGMENTOS DE PELÍCULAS, GRAVACIÓNS DE AUDIO E VIDEO E UNHA GALERÍA DE IMAXES QUE REPASA A HISTORIA DO GRUPO MÁIS FAMOSO DAS RÍAS BAIXAS.



Neste libro, da autoría de Carlos Rey, Paulo Nogueira e Héctor Silveiro, estúdase en detalle un dos grupos máis míticos da nosa cultura musical tradicional.

José Carballa e Celestino Carballa tocaban bombo e tambor, respectivamente. Fillos de Palla Mallada, gaiteiro de renome na comarca da Arousa, despois de tocar co seu pai achegáronse a dous gaiteiros veciños, os irmáns Valiñas, para formar Os Campaneiros.


Mais información.

Ler mais. OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA: Gaiteiros de Arousa e O Salnés.

OS AREEIRAS: O legado dos Areeiras de Catoira

Nova obra da serie multimedia de Edicións do Cumio.

LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS AREEIRAS DE CATOIRA, PARTITURAS, FOTOGRAFÍAS E GUÍA DE AUDICIÓN DO CD INCLUÍDO CON 27 PEZAS GRAVADAS AOS AREEIRAS E A RAMÓN SUMAY.



Entre os gaiteiros das comarcas da Arousa e do Salnés predomina o criterio de considerar ós Areeiras como un dos grupos sobranceiros na música tradicional de Galicia. Esta obra de Xosé Manuel Navia e Francisco Javier García é o froito de case 14 anos de recompilación e conservación dese material acumulado por Ramón Sumay e doutros documentos espallados entre as persoas próximas ós Areeiras.


Mais información.

Ler mais. OS AREEIRAS: O legado dos Areeiras de Catoira

Novo CD de Servando e Contradança

SOM VOLTAS



Novo CD de "Servando e contradança" co-editado xunto coa "Associaçom Galega da Língua" (Agal) no que está reflectido o seu traballo realizado nestes últimos anos no campo da música tradicional galega e portuguesa.

Nel están incluídos alén dos temas propiamente tradicionais, outros de composicióm propia, algúns deles de carácter infantil, fruto das súas sesións cos máis miúdos e outros de carácter máis intimista. Termina cunha linda historia de Castelao interpretada e musicada polo propio Servando.

Páxina 438 de 453