Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Á venta o número tres de Etno-Folk

Xa está no mercado o terceiro número da revista Etno-Folk, revista galega de etnomusicoloxía que se consolida no mercado tras un ano de existencia, coa intención de proporcionar, a todas as persoas interesadas polos aspectos etnomusicolóxicos, unha plataforma onde poidan publicar os seus traballos de investigación, coñecer as liñas de investigación abertas, traballos de campo... sempre baixo o criterio da publicación que é, ante todo, musical, étnico e investigador.


LIMIAR
ARTIGOS

* “Cántigas e Frores”, por Bruno Villamor
* Breve introducción a la música Andalusí – Marroquí, por Luis Delgado
* A organización sistemática do ensino da gaita galega (e II), por Xosé Luís Miguélez
* El ‘cant d’estil’ valenciano, por Josép Vicent Frechina
* El alalá. Estudio de un género, por Diego Mariño
* Etnomusicoloxía: a importancia dunha definición da disciplina, por Pablo Ruibal Armesto
* O Festival do Mundo Celta de Ortigueira, por Juan Barcón Peña
* A recuperación do patrimonio musical galego: “Ouvirmos” e a colección “A Tiracolo”, por Xaime Estévez Vila

NOTICIAS
RECENSIÓN DE LIBROS, PARTITURAS E GRAVACIÓNS
 

Almanaque 2006 da Asociación de Gaiteiros Galegos




Vimos de enviar a todos os novos socios o almanaque do ano 2006, que pretende ser un medio de publicidade da nosa Asociación a todos os niveis da sociedade galega. Por ista razón, tamén fixemos envío do mesmo a certas asociacións, colectivos e individuos vencellados dun xeito ou outro á música galega.


A foto escollida para iste ano 2006 pertence á colección de Eduardo Méndez Baamonde (Dubi). Neste caso é unha foto de Ferrer de comezos do século XX onde aparecen tres cativos tocando (dúas gaitas e un tambor). A colección completa de Dubi foi proxectada "con grande éxito de crítica e público" dentro das actividades do "II Día do Orgullo Gaiteiro" celebrado en Ourense o pasado 17 de decembro de 2005.

Publicación no DOG e data limite de entrega de proxectos

Con data 27/12/2005 foi publicado no DOG (Diario Oficial de Galicia) a Resolución da Deputación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración dun proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra.

http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/12/23.pdf#page=13
http://www.xunta.es/dog/dog.nsf/75f326159e4790474125664400367b9e/d25d4840bf407bfcc12570e3005e16f8/$FILE/24700D061P072.PDF

Daquela, a data límite de presentación de plicas remata o día 11 de xaneiro de 2006, sendo a data de apertura de plicas o 16 de xaneiro de 2006.

Anuncio do concurso público da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra anunciou hoxe, 23 de decembro de 2005, o concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a elaboración do proxecto de creación e xestión da escola de gaitas e percusión de Pontevedra.

As solicitudes de participación no concurso poderanse presentar ata o sábado día 7 de xaneiro e poderán facelo todas as persoas naturais ou xurídicas que o desexen. Lembramos que o rexistro da Deputación Provincial permanece aberto de luns a sábado de 9 a 13 horas. Toda a información sobre a resolución está dispoñible na páxina 13 do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do día 23 de decembro de 2005 e nas seguintes páxinas web:

http://www.depontevedra.es/?1,9202
http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/12/23.pdf


Mais información.

Ler mais. Anuncio do concurso público da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra

Saída bases concurso para implantación da Escola de Gaitas

Fontes da Excma. Deputación de Pontevedra informaron onte á Asociación de Gaiteiros Galegos que, na semana de Nadal, sairán publicadas no BOP as bases para acceder ao concurso público para a implantación da Escola de Gaitas que tanta polémica xerou este vran pasado.

Como a AGG xa publicara en distintas ocasións, este concurso semella estar dirixido a consolidar o convenio que fora aprobado a principios deste ano de xeito pouco ortodoxo. O feito de que a convocatoria se faga nas datas de Nadal fai sospeitar que se busca, dada a tempada de parón
vacacional, que se entere pouca xente para deixar paso libre á "Asociación de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra" beneficiaria do convenio citado.


Mais información.

Ler mais. Saída bases concurso para implantación da Escola de Gaitas

Páxina 435 de 450