Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Lume na Palleira

Lume na Palleira: Programación sábado 27

PROGRAMACIÓN SÁBADO 27: O Recuncho Da Palleta (con Pablo Díaz) dedicado a Alberto Jambrina - Concertos, Festivais, etc. -Novidades - Entrevista a Trasmundi (presentación do seu novo disco "En Tempos Que Se Foron..." e sorteo de 5 exemplares)

 

Presentación de Trece Lúas

O sábado 18 de abril, dentro do programa dirixido por Emilio Españadero, Lume na Palleira, farase a presentación radiofónica do novo traballo editado pola AGG "Trece Lúas".

Para falar do proceso de elaboración, contidos do traballo e moitas cousas máis contaremos coa presenza Santiago caneiro, presidente da AGG, e de diferentes persoas que intervirón na elaboración do traballo con son Bernardo Martínez, Clodio González, Comba Campoy ou Felisa Segade.



Non vos esquezades que o programa "Lume na Palleira" emítese os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".

 

Santi Caneiro e BERCE no Recuncho da Palleta


O Recuncho da Palleta do sábado 24 de Xaneiro, dedicarase a Santiago Caneiro -presidente da AGG- e ó grupo de investigación BERCE de Narón, ó que pertence.

Este será o primeiro Recuncho da Palleta dunha serie dedicada a persoas que, xa dende os anos 70 e 80, están a levar a cabo labores de investigación etnográfica.

Nomes como Mini e Mero, Pablo Quintana ou Manuel Rico estarán presentes no espazo da AGG en Lume na Palleira, nun intento de achegar ó público a súa magnifica labor de busca, estudo e divulgación relativa á música tradicional.

Lembrade que o programa Lume na Palleira emítese os sábados de 16:00 a 18:00 h. en RADIO GALEGA MÚSICA, con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na RADIO GALEGA.
   

XOSE MANUEL SEIVANE RECIBE O PREMIO RECUNCHO DA PALLETA 2008


O Teatro de La Juventud de Cecebre (Cambre) acollerá, o vindeiro día 7 de febreiro ás 4 da tarde, o acto de entrega do Premio Recuncho Da Palleta 2008.

Este premio, que concede anualmente o equipo do programa Lume Na Palleira (Radio Galega), pretende recoñecer o traballo de distintas persoas, empresas e institucións no estudio, a defensa e a promoción da música tradicional galega. Resultaron galardoados nas últimas edicións a Editorial Ouvirmos e o Concello de Pontevedra (2004), o Museo Etnográfico da Limia (2005), o programa da TVG Alalá (2006) e o Proxecto Ronsel (2007).

Nesta ocasión o Premio Recuncho Da Palleta recae na persoa de Xosé Manuel Seivane, como exemplo de toda unha vida de amor e paixón pola música do noso país e, máis concretamente, polo noso instrumento máis identificativo: a gaita galega.
Unha paixón e un amor que ademais, sempre desde a máis exquisita humildade, soubo transmitir ás sucesivas xeracións da súa familia; familia que ten o orgullo, e tamén a responsabilidade, de levar consigo un apelido que xa se convertíu en sinónimo de calidade no traballo desenvolvido e de dignidade e orgullo polo propio.

A cerimonia de entrega na que participarán, ademais do propio Xosé Manuel Seivane e a súa familia, distintos músicos que quixeron sumarse a esta homenaxe, pecharase cun concerto do Trío Vaamonde, Lamas & Romero.

A entrada ao acto, que será retransmitido en directo pola Radio Galega e Radio Galega Música, será de balde ata completar o aforo do Teatro.
 

Recuncho da Palleta con Emilio Corral



Tras adicar o pasado Recuncho da Palleta -dentro do programa radiofónico Lume na Palleira- a Carlos Díaz ‘O Xestal’, un contacontos galego cunha extensa discografía na que se inclúen temas de gaita nos que participa co bombo e as cunchas; o Recunho do sábado 17 de xaneiro leva como protagonista a EMILIO CORRAL, músico, gaiteiro e clarinetista da Banda Municipal de Música da Coruña, que foi proclamado gaiteiro maior do Reino de Galicia pola Real Academia Galega (a proposta de Sebastián Martinez Risco), e participou en diverso discos -tanto en solitario como en compañía de outros artistas-.

Este sábado, de 16:00 a 18:00 h. en RADIO GALEGA MÚSICA, con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na RADIO GALEGA, faremos un repaso pola longa vida deste xenial gaiteiro de 98 anos de idade.

   

Páxina 7 de 15