Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Lume na Palleira

Leña Verde de Pol e Vitor Otero no Recuncho da Palleta

Vitor Otero, músico e membro da directiva da AGGleaverde voltará ao Recuncho da Palleta, sección do programa Lume na Palleira da Radio Galega. Nesta ocasión, presentará o traballo discográfico que a Asociación Cultural Leña Verde de Pol editou para celebrar os 25 anos da súa creación.
Leña Verde de Pol é o exemplo de como o asociacionismo cultural nun concello rural pode converter o encontro interxeneracional nun virtusiosismo musical capaz de manter viva a música do pais.

 Non te perdas este domingo 10 de abril, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

 

Gustavo Couto e Os Enxebres de Cacheiras no Recuncho da Palleta

 

os enxebres de cacheirasGustavo Couto, músico, bailador e membro da directiva de AGG, voltará ao Recuncho da Palleta, programa dirixido por Emilio Españadero. Nesta ocasión, falará cos compoñentes actuais dun dos cuartetos máis antergos do noso paìs, Os Enxebres de Cacheiras. Fundado no ano 1939, da man de Manuel Landeira, e que na actualidade seguen estando en activo gracias á iniciativa de Alfonso Landeira, neto do fundador.

Si queres coñecer máis a fondo a Os Enxebres de Cacheiras non te perdas este domingo 27 de marzo, de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

 

Os Novos Galiños de Belesar visitan O Recuncho da Palleta

osnovosgaliosdebelesarNo ano 2008, na Casa da Gaita en Viascón (Cotobade) un grupo de rapaces e rapazas de 8 e 9 anos, alumn@s do CEIP Belesar, comezou a súa andaina no mundo da música tradicional.

Hoxe, o conxunto "Os Novos Galiños de Belesar conta xa con 5 gravacións: Pasodobre do Carballal de Benigno Méndez e Festa na Eira de Henrique Otero, Marcha dos Novos Galiños de Belesar de Xaime Estévez, Soa unha alborada de Xaime Estévez e Valse para Alba de Xaime Estévez (peza homenaxe a ela, Alba).

O domingo 13 de marzo, Os Novos Galiños de Belesar xunto con Xaime Estévez, mestre do grupo e membro da directiva da AGG, visitarán "O Recuncho da Palleta" e contaránnos a súa andaina, o camiño percorrido e mais o que aínda queda por facer.

Escoita de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

   

A Regueifa con Josiño de Teixeira

lumenapalleiraO vindeiro domingo 6 de marzo o recuncho da palleta estará adicado á Regueifa, na súa modalidade de desafío oral improvisado.

Para elo, Gustavo Couto, músico, bailador e membro da directiva de AGG, acompañado de Josiño de Teixeira, un dos regueifeiros de mais sona do noso país amosaránnos algúns dos segredos para iniciarnos no apaixoante mundo da Regueifa.

 

Escoita este domingo de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

 

Coñece o Universo Frebudo en Lume na Palleira

 

frebudosEste domingo da man de Vitor Otero, gaiteiro compoñente do grupo Os Minhotos e membro da directiva da AGG , imos coñecer en Lume na Palleira, programa da CRTVG guiado por Emilio Españadero, O Universo Frebudo.
Arredor de Os Frebudos; antes Airiños da Freba, vívese a festa como unha relixión. Moito máis que un grupo de músicos, Os Frebudos son axitadores das foliadas en Lugo e arredores, un grupo de amigos e amigas que veneran a música do país cos pés na terra e a cabeza na vindeira foliada.
Para saber quen son, escoitar o qué fan e ver de qué van, escoita este domingo de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

   

Páxina 5 de 15