Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Varios

A cultura circula



Durante o próximo mes de maio, a cultura vai circular por toda Galiza baixo a lona de dúas carpas itinerantes, que van acoller moi diversas iniciativas socio-culturais e outras propostas musicais, escénicas, audiovisuais e educativas. Ademais da presenza de artistas profesionais, trátase de crear espazos de participación abertos á sociedade. É por iso que desde a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e desde a Dirección Xeral de Xuventude, animan a compartir as vosas creacións (vídeos, músicas, fotografías), embarcando neste proxecto tentacular.

Podedes participar se tedes entre 12 e 20 anos .

O prazo para enviar os vosos traballos remata o 20 de abril

Toda a información en http://www.aculturacircula.info/

Bases da convocatoria en http://www.aculturacircula.info/media/bases_do_concurso_embarca_na_carpa.pdf
 

O gaiteiro Juan Alonso nomeado vigués distinguido

O concello de Vigo ven de nomear ao gaiteiro Juan Manuel González Alonso vigués distinguido neste ano 2006.

Juan Alonso foi un dos fundadores do mítico grupo "Airiños do Parque de Castrelos". Con anterioridade Nazario González "Moxenas" xa fora galardoado con este premio no ano 1991 e Antón Corral no ano 2001.
 

Curso de Dani Bellón en Madrid

O gaiteiro de Fene Daniel Bellón ven de impartir un curso de gaita dentro da segunda edición da feira gastronómica "Galicia en Móstoles", con grande éxito de crítica e público.

O curso tivo lugar os días 1 e 2 de abril e estivo organizado polo Centro Gallego de Móstoles.
   

Sons doutro tempo, hoxe. O prodixio de Antón Corral

No museo Liste de Vigo (sito na rúa Pastora 22) vense de inaugurar unha exposición absolutamente imprescindíbel para calquera persoa cun mínimo de interse pola música galega.

Estará aberta até o 20 de maio de 2006, con entrada libre, de martes a sábado de 11 a 14 e de 17 a 19 horas

O título "Sons doutro tempo, hoxe. O prodixio de Antón Corral", é altamente clarificador e só desexar que gostedes dela.
 

"AS FALSAS APARIENCIAS" Comunicado da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo

AS FALSAS APARIENCIAS CONTRA O LEGADO TRADICIONAL

Parece ser que uns 3000 “vistosos” gaiteiros desfilarán polas rúas de Ponferrada. E por aquilo da gaita e do que din alguén pensará que isto é unha manifestación poderosa de música tradicional. Preguntámonos, dende cando foi tradicional no Bierzo, en Galicia ou Asturias unha gaita de tres roncos sobre o ombro, un tambor premier metálico de parches de plástico, un bombo tocado con dúas mazas ou un traxe de home con faldas ao máis puro estilo escocés. Así é como se presentará con este aire militar que a caracteriza a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense organizadora da Liga galega de Bandas de Gaitas que se vai realizar na cidade do Bierzo o próximo día 9.


Mais información.

Ler mais. "AS FALSAS APARIENCIAS" Comunicado da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo

   

Páxina 465 de 470