Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

certame debuxoActualmente temos expostos no Centrad todos os debuxos que foron realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da Provincia de Lugo que participaron no VII certame sobre os instrumentos da música tradicional galega. Son preto de 1000 debuxos feitos por nenas e nenos que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosan os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.

Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo,e  que acadou este ano a súa septima edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural, algo que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do noso patrimonio cultural.

Se queredes visitar a exposición, podedes facelo no CENTRAD (Rúa Chantada S/N - Lugo) de luns a venres en horario de 8.00 a 14.30 horas!!!