Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

xantargaiteiro2019 cartelwebA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s ten o pracer de convidarte ao tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta 24 edición celebrarase no Concello de Tui vindeiro 24 de marzo.

Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa.

Nesta edición, queremos aproveitar a celebración para render unha merecida homenaxe ao mestre Antón Corral.

Reserva a data e estate atento ao programa!!