Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG) e a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), como organizacións comprometidas coa cultura galega, veñen de pór en marcha unha amplísima programación destinada a dar a coñecer e valorizar a figura e a obra literaria de Manuel María, o noso POETA NACIONAL.





Mais información
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG) e a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), como organizacións comprometidas coa cultura galega, veñen de pór en marcha unha amplísima programación destinada a dar a coñecer e valorizar a figura e a obra literaria de Manuel María, o noso POETA NACIONAL.

A programación para os próximos meses é a seguinte:

Homenaxe Nacional, o día 8 de outubro ás 20 horas no Auditorio de Santiago. Música, poesía e audiovisual.

Disco Monográfico do Grupo Milladoiro. Conterá pezas musicadas sobre poemas de Manuel María. Saída prevista: marzo de 2006.

Actuación-Homenaxe da banda filarmónica de Galiza, con estre de dúas pezas sobre poemas de Manuel María, con gravación en CD. Día 26 de novembro no auditorio de Santiago.

Congreso "Manuel María: Literatura e nación". Os días 3, 4 e 5 de novembro na Facultade de Filoloxía da Coruña. É preciso facer inscrición previa.

Representación da peza teatral "A farsa de bulú" pola compañía Teatro do Morcego.

Realización dun documental dirixido por Margarida Ledo. 25 minutos de duración.

Edición da "Fotobiografía Sonora de Manuel María". Contén 200 páxinas impresas con gran profusión gráfica acompañadas dun CD cunha selección de 18 pezas musicais de Fuxan os Ventos, Sus Vaamonde, A Quenlla, María Manuela ... e outro CD co recitado de poemas na súa propia voz. Son autores do traballo; Xan Fraga e Xurxo Souto.

Edición da UNIDADE DIDÁCTICA "Ferrados de corazón, fanegas de alma" destinada ao ensino primario.

Edición da UNIDADE DIDÁCTICA "Ferrados de corazón, fanegas de alma" destinada ao ensino secundario.

Exposición itinerante de 25 paneis de 70x45 en cartón pluma, significando os aspectos máis relevantes da súa vida e obra.

Posta en Marcha do Iº PREMIO MANUEL MARÍA Á DIGNIDADE GALEGA. O seu obxecto é distinguir a aquela persoa ou institución que destacase na defensa de Galiza.

Edición dos ROTEIROS MANUEL MARÍA, que gardan relación con diferenctes aspectos da súa vida e obra.

Para mais información sobre estas iniciativas (xunto con outras nas que se está a traballar) que se desenvolverán desde o mes de setembro de 2005 ao mes de marzo de 2006, pódese contactar coa AS-PG, CIG-Ensino, AELG e a MNL.