Instrumento do día

Folla de espadana

É un instrumento musical que os nenos fabricaban como xoguete. As longas follas de espadana (Typha latifolia) están dobradas sobre si mesmas, de xeito que deixan un furado interior. Cortando un anaco longo dunha folla podemos soprar por un dos extremos e, tapando cun dedo da man esquerda o outro, obrigaremos ao aire a saír por entre os dous “beizos” da folla. Así prodúcese un asubío agudo que pode ser modulado acurtando a lonxitude dos beizos vibrantes, para iso suxéitanse os beizos da folla entre o índice e o polgar da man dereita, e deslizándoos arriba e abaixo pola folla podemos tocar unha melodía. Como asubío dunha soa nota aparece referidos n’Os xoguetes esquecidos1.

Sección transversal dunha folla de espadana.

Este instrumento é considerado en Galicia como un xogo de nenos, non de nenas, seguindo a tónica habitual que identifica a melodía instrumental co sexo masculino. Dentro da clasificación técnica segundo Hornbostel e Sachs pertence ao grupo 412.11 dos aerófonos, en que dúas laminiñas ou canas forman unha fenda que se pecha … Ler máis

Ver notas
  1. [1] López González, X. e García X. M. Os Xoguetes Esquecidos (II). Ed. A Nosa Terra. Vigo, 2003; p. 33.

Unha versión interactiva do libro

Este web é a versión interactiva do libro Os instrumentos musicais na tradición galega de Pablo Carpintero Arias [ fb ] e publicado orixinalmente en papel pola Difusora de Letras, Artes e Ideas. Esta versión interactiva, promovida polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, explota as capacidades multimedia e de organización de Internet para difundir universalmente o acervo musical da cultura galega. Ler máis

Máis contidos da edición impresa: Prólogo, Proemio, Agradecementos


Patrocinadores e colaboradores