Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Grupos / Folc / Quempallou

Quempallou

Aptdo. de Correos 80 - Incio

36930 Bueu - Pontevedra

Teléfono: 986 322 307 / 657 209 731 / 639 754

e-mail: quempallou@quempallou.com

Web: http:///www.quempallou.com/

“Entre o Morrazo e a montaña brava do Incio xurdiu este festeiro grupo, mestura enxebre dacabalo entre gaiteirada feliz e cantiga de escarnio; entre foliadiña de baiúca e festa rachada de festival; entre cancioneiro e composición; entre acordes bonitos e arranxos directos. Así, por medio de xotas e muiñeiras e valses e polcas e que sei eu, van enfiando Quempallou as súas actuacións, para que absolutamente ninguén dos presentes deixe de sentir ese formiguillo incontible nos pés e ese profundo proído no peito que nos fai ceibar un aturuxo e botarnos a bailar un agarradiño coma tolos, ou un solto como podemos. Iso é Quempallou, a festa galega coa calidade que requiren os tempos, sen nos esquecer de nada, nin de ninguén.” Nace como grupo na primavera do 1999, da man duns músicos mozos pero xa cunha certa vagaxe na música tradicional galega que arelaban labrarse un lugar no panorama folk galego. E o certo é que logo obtiveron froitos: nestes cinco anos xa teñen tocado pola meirande parte da Galiza e boa parte de Portugal, así coma, Catalunya, Asturies e as dúas Castelas.