Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos

Barallete

Rua do Santo André 22 2º

15003 A Coruña

Teléfono: 658 501 771 / 609 219 459

e-mail: barallete@barallete.com

Web: http://barallete.no.sapo.pt/

Barallete formouse na Coruña como grupo de música tradicional en Xullo do 1998. Naquel tempo tódolos seus compoñentes considerabamos moi oportuna a formación do grupo. Aínda que todos levabamos tempo tocando xuntos e pertenciamos a diferentes agrupacións, non nos puidemos resistir a formar o que podería chegar a ser algo propio e completamente maleable.

Dende aquela, e coa incorporación de novos instrumentos máis evolucionados no ambito tradicionalk, consolídase como formación dedicada ao disfrute, interpretación e investigación da música de tasca.

As súas actuacións espállanse ao longo de toda a xeografía galego-portuguesa, acadando o seu máximo esplendor na zona minhota. Como recompensa ao seu bo facer, Barallete acada no Nadal 1999-2000 o premio Nordés Coruña II Edición, permitindo así a difusión da súa música en formato CD.

Barallete somos todos!!!

Alberte de Maceda: Bombo e efectos.

Antón Guerrero: Tamboril e choca.

Fernando Román: Gaitas e saxo soprano.

Moncho do Orzán: Gaitas, acordeón e percusión.

Roberto Aller: Gaitas e pandeireta.