Xarabal
Vigo - Pontevedra
Teléfono: 986 473 229 / 665 026 799 / 637 159 903
e-mail: info@xarabal.org
Baixo a dirección de Antón Corral, nace en Septembro de 1984 como una actividade máis do"Obradoiro Escola de Instrumentos Musicais Populares Galegos" da Universidade Popular de Vigo, coa intención, non so de potenciar e espaia-la música popular galega, senón de realizar un traballo serio sobre a técnica de gaita e percusión, procurando forxar futuros profesionais que coñezan e dominen o instrumento. No ano 2001 a banda deslígase da Universidade Popular, pasando a ser parte da Asociación Cultural Xarabal. A sección de Percusión tenta levar a cabo un comprometido traballo de estudio e análisis dos distintos ritmos e instrumentos. A recente creación das Bandas de Gaitas no noso país, obríganos a renova-la percusión, que sen fuxir dos ritmos tradicionais, e basandose neles, cree formas musicais que satisfagan as necesidades, incluso sonoras, deste tipo de agrupacións. En base a esta idea, utilízanse instrumentos de percusión diferentes ás que estabámos acostumados a escoitar nos grupos de música popular. A Banda de Gaitas Xarabal pretende ser portadora dunha mensaxe de integración con todos aqueles que en distintas facetas se marquen como obxectivo común o de conseguir maiores niveis de calidade e perfección no emprego da gaita. Un claro expoñente desta idea é a inclusión de instrumentos tan alleos como o sintetizador, congas, bongos, timbal, etc; empregándoos sempre sobre unha liña tradicional. As gaitas coas que tocan os gaiteiros foron construídas polos alumnos do "Obradoiro", e están afinadas en Si, alternando en ocasións con Re, Mí e Sol. A elección do nome debeuse ó significado da propia palabra: "Agrupación de peixes ante un perigo", e que no seu momento identificábase coa difícil realidade que estaba vivindo a música popular no noso país, e a necesidade de facer un frente común para soluciona-lo problema. A tradición non consiste soamente de vivir no pasado, senón reconstruirla no presente para que permaneza no futuro. 0 folklore faise día a día e o dificil é dar coas fórmulas xustas que garantan a sua aceptación e introducción na cultura popular.