Asociacion de Gaiteiros Galegos

Ardentia

VIGO - PONTEVEDRA

Teléfono: 627 456 886 / 986 492 048

e-mail: salvador@ensa.org

Web: http://www.ghastaspista.com/ardentia.php

O Grupo de Música Folk-Tradicional “ARDENTÍA” naceu en Outobro de 1990 coa intención de profundizar no estudio da música tradicional galega e incorporar nos concertos outros instrumentos populares menos coñecidos, (Trompa, Requinta, Pito, zanfona, Acordeón, Clarinete), asi como cantos populares. •A partires desa idea inicial Ardentía foi evolucionando hasta convertirse nun grupo que pretende convertir cada actuación nunha festa popular. Utiliza para lograr ese fin un repertorio variado, baseado en temas populares galegos e temas compostos polo grupo con influencias tradicionais galegas, e introducindo as voces como elemento significativo. •Unha das contribucións máis significativas da divulgación da música tradicional que realiza Ardentía é a dirixida ós alumnos das escolas públicas da provincia de Pontevedra nas que, co patrocinio da Excma. Deputación de Pontevedra, da a coñecer o xeito de fabricación e posibilidades sonoras de tódolos instrumentos tradicionais galegos. •Con tres discos no mercado, Ardentía recibiu multitude de eloxios tanto polo público como pola Prensa especializada tanto nacional (Revista Folk Na Gaits, Faro de Vigo, Radio Galega, Radio ECCA, Radio Barcelona...) como internacional, que o definen como un dos mellores grupos no eido da música tradicional de Galicia. Tamén ten recibido diversos premios entre os que destaca o de “Mellor Artista Revelación do ano 2000" outorgado pola Televisión de Galicia na Gala Luar 2000