Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos de música tradicional / Grupo de Música Tradicional do Igaem

Grupo de Música Tradicional do Igaem

O Birloque s/n - Polígono de Elviña

15008 A Coruña

Teléfono: 981 134 927

e-mail: igaem@xunta.es

Creado polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais para impulsa-lo desenvolvemento no eido da música tradicional, o Grupo de Música Tradicional do IGAEM naceu coa intención de proporcionar unha nova visión desta música, traballando tanto na recuperación das vellas melodías populares como na presentación de composicións contemporáneas. O conxunto está integrado na actualidade por sete músicos, que utilizan fundamentalemnte a gaita galega nas súas interpretacións, aínda que tocan tamén instrumentos como o tamboril, o bombo, o acordeón, as castañolas, a frauta doce, o clarinete, o violín, a pandeireta... O Grupo de Música Tradicional do IGAEM, que ten as súas orixes en 1990 como corpo de gaiteiros do Ballet Galego Rey de Viana, compaxina o seu labor de acompañamento musical da compañía, coa que actúa en tódolos seus espectáculos, coa preparación e execución dos seus propios concertos e coas actuacións que ofrece en diversos actos institucionais e protocolarios baixo a denominación de Banda de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia. A toda esta actividade hai que engadirlle, ademais, a importante tarefa de investigación que os seus integrantes veñen desenvolvendo no eido da música tradicional, recuperando e arranxando pezas populares que incorporan progresivamente ó seu repertorio xunto coas súas propias composicións. Solicitado a cotío para levar a cabo actuacións en distintos puntos dentro e fóra de Galicia, o conxunto ten ofrecido concertos en Andalucía, Baleares, País Vasco, Madrid, Francia, Bélxica, Portugal, Oriente Próximo, etc. O Grupo de Música Tradicional do IGAEM ten dous discos compactos no seu haber: o publicado en 1993 como Grupo de Gaitas do IGAEM (reeditado en 2002 baixo o título de Grupo de Música Tradicional do IGAEM) e Alba de abril, editado en 2001 e no que incorporan as súas propias voces. Xosé Ramón Bugliot Hernández: gaita, frauta traveseira, frauta de pico, pandeiro e voz. Xoán Carlos Rilo Fraga: gaita, tamboril, cunchas e voz. Daniel Romero Cajigal: gaita, violín, bombo e voz. Xosé Lois Romero Cajigal: acordeón, tamboril, tarrañolas, bombo e voz. Carlos Taboada Pan: gaita, zanfona e voz. Xosé Taboada Sánchez: gaita, clarinete, pandeiro e voz. Xesús Vaamonde Manteiga: gaita, zanfona, violín, pandeireta e voz. Eduardo Sisto Mellid: persución.