Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Solistas e dúos / Juanjo Fernández

Juanjo Fernández

Avda. da Coruña, 428 - 4º A

27003 Lugo

Teléfono: 982 200 423

e-mail: juanjofernandez@retemail.es

Dende neno sentiu vocación musical cantando, tocando guitarra, frauta traveseira e outros instrumentos.
No servizo militar tocoulle formar parte dunha banda de gaitas e cornetas.
Alí mesmo, iniciou unha amizade cun galego que soubo transmitirlle a graza da gaita e a música galega.
Ao finalizar o servizo, comprou unha gaita e comezou a tocar de modo autodidacta. Despois dun ano comprendeu que era preciso ir a Galicia para afondar mellor na técnica da interpretación.
Comezou traballando no Taller de Percusión dos Alegres de Pontevedra, alternando o traballo no taller e as tocatas co grupo.
Dende os inicios foi dando clases de música ata o día de hoxe. Neste apartado pode comentar que tivo moitos alumnos en grupos de música de adultos e de novos de idade escolar en colexios e asociacións. Dentro desta actividade hai que destacar cursos de gaita e percusión, impartidos na emigración por medio da Xunta de Galicia.
Unha parte importante do seu traballo foi a busca de músicos rurais que lle transmitiran a orixinalidade da música propia galega. Esa busca deu como resultado o desenvolvemento da dixitación pechada que impartiu nas súas clases e que utilizou para el como unha opción persoal.
Realizou case todas as actividades posibles coa gaita: gaiteiro solista, compoñente do cuarteto "Tronada", compoñente do grupo folk-rock "Alecrín", mestre de gaita, conferenciante, artesán de percusión...
Publicou varios traballos xornalísticos en xornais e revistas e participou en varios discos. O último destes discos como gaiteiro solista, coa participación do percusionista Manuel Alonso.
Outro asunto relacionado con música rural e o estudo das percusións, coa pandeira e o pandeiro como instrumentos en fase de desaparición dos que encontrou informantes valiosos que lle ensinaron músicas que tamén incorporou para o seu coñecemento e para as súas clases.
Unha vez máis, da música rural, puido extraer un repertorio de cantigas formidable, especialmente na montaña de Lugo, onde tanta riqueza hai neste sentido.
Nos últimos tempos traballou como asesor musical do programa da Televisión de Galicia "Alalá", unha interesante actividade que lle permitiu difundir con maior relevancia a arte de moitos informantes que coñeceu durante estes anos.