Asociacion de Gaiteiros Galegos

A.C. Turoqva

Avd. Eduardo Blanco Amor 11

36160 Pontevedra

Teléfono: 619 925 960

e-mail: info@turoqva.com

 

Esta asociación, nace no 2017, co fin de facerse cargo da comparsa de Xigantes e Cabezudos do concello de Pontevedra, e coa intención inmediata, de recuperala e poñela en valor.

Inda que os membros fundadores temos a nosa orixe na Asociación Folclórica Os Alegres de Pontevedra, onde levamos mais de vinte anos, neste proxecto tiramos de amigos-colaboradores, doutras formacións e cidades, sempre a procura dunha posta en escea da maior calidade posible dentro das nosas capacidades.

Froito destas colaboracións, somos quen de poñer en rúa ou esceario, distintas formacións musicais, dende o trío de gaita antiga, tambor e bombo, tan típico da nosa cidade, ata tódalas variantes das formacións de cuartetos, de duas ou mais gaitas, incluindo toque pechado, treboada ou charanga tradicionais, asi coma acompañamento musical a comparsa de cabezudos ou, en colaboración coa asociación Traxe Tradicional de Pontevedra, acompañamento a mostras do noso
traxe.

A nosa asociación pode ser solicitada no programa Pontegal da Diputación de Pontevedra.