Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Cuartetos, Quintetos, Septetos / BellónMaceiras Quinteto

BellónMaceiras Quinteto

Rúa Antonia Montero, 11 - baixo

15500 Fene - A Coruña

Teléfono: 654.834.246 || 661.265.383 || 661.331.967

e-mail: info@bellonmaceiras.com

Web: www.bellonmaceiras.com

belmac5 4low peqBellónMaceiras Quinteto achéganos a unha fusion entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante.

A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrece unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias.

A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas.

Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos difinen como "espicho", a introducción de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

Dani Bellón posúe un dos durrículums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios.

danibellonActualmente, combina a súa faceta de músico no proxecto BellónMaceiras Quinteto e de gaiteiro no prestixioso cuarteto Luvas Verdes coa de mestre de gaita galega, en escolas de Madrid. Estudiou jazz na "Escuela Popular de Música y Danza" (Madrid), con Saxofono, Armonía Moderna, Improvisación e piano complementario. Foi becado por AIE para o curso 2007/2008 e 2009/2010 na "Escola - Estudio" en Santiago de Compostela. É co-director e docente na Escola de Música BellónMaceiras.

diegomaceirasDiego Maceiras empezou os seus primeiros pasos musicais aos catro anos, formando parte da Banda de Gaitas "Airiños de Fene", na que segue tocando hoxe e coa que conseguiu premios (Con Música Propia da TVG) ademais de gravar o primeiro traballo discográfico "Identidade".

Acordeonista desde os 11 anos da man de diversos profesores, forma parte de grupos como Rumbadeira, Eiravedra, Mamá Cabra, Xil Ríos... Destaca como compositor e actualmente, despois do Grado Medio no Conservatorio Profesional de Música de Oviedo, segue coa súa formación no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, compaxinándoa coa direección e docencia na Escola de Música BellónMaceiras.

cabeJuan "Cabe" é o guitarrista do grupo. Tamén de Fene, guitarrista de "Os Cempés", "Tigres del Cañotas", banho de Mr. Dixie,... entre outros. Gran coñecedor nos campos do blues, rock, country e swing. Cun estilo e carácter inconfundible. No quinteto incorpora a guitarra acústica e eléctrica, así como un son facilmente recoñecible. É un dos mellores banjistas de Galicia.

lamasMiguel Lamas, batería do grupo, comezou a tocar a batería aos 4 anos de idade da man de Manolo Pérez. Traballou con artistas da talla de Roy Hargrove, Raimundo Amador, Pepe Bao, Javier Constenla, Pablo Bicho; bandas como Brothers in Band, M&Ns, Black Bum, Loretta Martin...Tanto en directo como en estudio. É mestre da Escola de Músicos de A Coruña e tamén na Escola de Música BellónMaceiras de Fene. Na actualidade está esponsorizado polas marcas DW Drums, 3Drumsticks, Zildjian Cymbals e Evans Heads, para as que realiza clínics e demostracións. É batería de BellónMaceiras Quinteto.

tinaqueroJuan Tinaquero tivo o seu primeiro contacto coa música de moi pequeno no colexio salesianos de A Coruña. No ano 92 entra no grupo " Miki Nervio & The bluesmakers" (4 discos e diversas xiras en festivais internacionais). Continúa a súa formación na Escola de Música de A Coruña e colabora con grupos de todo tipo (tangos,música latinoamericana, rock, etc...) tamén coa agrupación de pulso e púa " Camerata Piu Bella" grabando no ano 2000. Na actualidade cursa estudios no Conservatorio Superior de A Coruña na especialidade de Jazz, e compaxina a súa labor de actor de dobraxe coa música, formando parte dos Bluesmakers dende hai 15 anos e coa aventura do Quinteto BellónMaceiras.