Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Canto Tradicional / CARMIÑA'S PÉ (Centro Galego de Navarra)

CARMIÑA'S PÉ (Centro Galego de Navarra)

Navarra

Teléfono: 646648575

e-mail: info@cegalna.com

Web: www.cegalna.com

Grupo de canto e percusión de cinco pandereteiras preocupado por utilizar diferentes instrumentos percutivos que se deron na rica cultura do folclore gallego;aportando frescura e innovación froito da investigación e dun exhaustivo traballo de campo, procurando non caer en falsos estereotipos creados por "falsas tradicións".

O Centro Galego de Navarra (CEGALNA) nace en Pamplona cunha clara
vocación de intentar manter os costumes propios dun pobo e de abrir
a cultura galega e difundila a todas aquelas persoas que o desexen, non
importando que estes sexan galegos ou non, desexando integrar a todo o mundo
que ten unha preocupación especial polo folclore e o xeito de
conservalo sen desvirtualo, pero ao mesmo tempo facer participar a outros
del para dalo a coñecer e estendelo por toda a Comunidade Foral de
Navarra.
Conta CEGALNA cun extenso arquivo de traballo de campo achegado polo
investigador Manuel Cebeiro para seguir un traballo serio e de gran valía e
así conservar as raíces do noso pobo.

Máis info: 

www.cegalna.com

https://www.facebook.com/cegalna/info